mosaico
ital mosaico
-
s
m
-
[ARTE/DEC ]
Decoración dunha superficie, feita incrustando anacos de pedra, de mármore ou doutros materiais de diferentes cores.
-
Conxunto de cousas dispostas de xeito que ofrecen o aspecto dun mosaico.
-
[ARTE/DEC ]
-
s
m
[XEOG ]
Serie de fotografías aéreas que se unen cando se pretende reunir nun só plano unha gran superficie de terreo para fotografala.
-
s
m
-
[CONSTR ]
Baldosa para pavimentar interiores, moi fácil de abrillantar e xeralmente de forma cadrada, hexagonal ou oitavada.
-
Pavimento feito con baldosas de mosaico.
-
[CONSTR ]
-
s
m
[BOT/PAT ]
Nome común de diferentes enfermidades das plantas (tabaco, pataca e tomateira), que teñen como axente os virus.
-
s
m
-
Organismo ou tecido derivado dun só cigoto que, por feitos ocorridos despois da fecundación, mostra polo menos dúas liñas celulares con cariotipos distintos.
-
Organismo híbrido, constituído por tecidos xeneticamente diferentes.
-
-
s
m
[TECNOL ]
Superficie fotosensible dun iconoscopio e doutros tubos analizadores de televisión, na que inciden os raios luminosos da escena que se quere transmitir.