nabateo
nabateo
Plural:
nabateos
-
adx
Relativo ou pertencente aos nabateos ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo nabateo.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo semita, situado na rexión NO da península arábiga, que constituíu importantes centros mercantís cos que dominou as rutas comerciais que ían desde Arabia ata o mar Vermello a finais do s IV a C.
-
s
m
[LING ]
Lingua semítica que se considera dialecto do arameo occidental.