"Vinci" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 100.

    1. Acción e efecto de custodiar.

    2. Peza de ourivaría onde está exposto o Santísimo Sacramento á veneración pública.

    3. Agregado dalgúns conventos que non chega a formar provincia en certas ordes mendicantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propietario rural xaponés que durante o s XII recibiu o goberno dun territorio e asimilouse aos funcionarios militares provinciais. Actuaban con case total independencia e sostiñan unha tropa constituída por samurais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dalmacia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Dalmacia.

    3. Lingua románica xa extinguida, que se falou entre o Quarnero e Butua (Budva), na costa oriental do Adriático (aproximadamente na provincia romana de Dalmacia).

      1. Relativo ou pertencente á raza dálmata.

      2. Raza de cans de talle mediano que teñen o corpo esvelto, as orellas caídas, e o pelame curto de cor branca con manchas circulares negras ou marróns distribuídas uniformemente por todo o corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Maxistrado, elixido anualmente na antiga Grecia, que representaba o demo (δῆμοV) e administraba os asuntos locais.

      2. Alcalde dun municipio grego.

    1. Gobernador dunha provincia ou nomo no antigo Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corporación constituída por deputados ou representantes de territorios ou comunidades.

    2. Exercicio ou cargo de deputado.

    3. Conxunto de deputados, senadores ou representantes, depositario do poder lexislativo fóra dos períodos ordinarios de sesións ou cando as cámaras están disoltas pola convocatoria dun proceso de renovación das mesmas.

    4. Institución supramunicipal que administra investimentos e presta servizos no territorio dunha provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representante das irmandades locais nas Xuntas de Irmandade establecidas tras a Revolta Irmandiña. Cada deputado era elixido polos seus compañeiros de institución e tiña a misión de transmitir as súas queixas e peticións nas Xuntas.

    2. Persoa nomeada por un corpo para que exerza a súa representación exclusivamente nun foro determinado.

    3. Representante elixido por sufraxio directo para formar parte da cámara única ou, nos parlamentos bicamerais, da de orixe popular.

    4. Membro do parlamento dunha comunidade autónoma, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto para un mandato de catro anos.

    5. Representante no parlamento elixido por unha circunscrición territorial coa que non mantén máis vinculacións ca as do propio proceso electoral.

    6. Membro dunha deputación de comercio. O cargo foi creado por un decreto do rei Carlos III en 1773 para exercer as funcións de consulados de mar nas cidades que non os tiñan.

    7. Cargo municipal elixido por sufraxio popular para atender os asuntos relativos ao comunal.

    8. Persoa elixida por unha cidade ou vila con voto en Cortes, que servía na deputación xeral dos reinos hispánicos.

    9. Membro da sala de millóns, cámara que exerceu as funcións das antigas cortes castelás, durante os ss XVIII e XIX.

    10. Membro do Congreso de los Diputados, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Dinamarca, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Dinamarca.

      1. Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de cans.

      2. Raza de cans que teñen o corpo robusto, esvelto e elegante, coa cabeza longa e acaba nun fociño aplanado.

      1. Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de porcos.

      2. Raza de porcos que se caracteriza pola lonxitude do seu corpo, as grandes dimensións dos pernís e o predominio do magro sobre o graxo.

    1. Lingua xermánica do subgrupo setentrional (ou escandinavo) que se fala en Dinamarca e, como forma dialectal, nas provincias suecas de Sk<ne, Halland e Blekinge.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado.

      2. Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.

      3. Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Surinam, Swazilandia, Uganda e Djbuti, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.

      4. División administrativa de primeira orde en cuxo territorio  radica a capital dun estado federal.

      5. Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.

      1. Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións.

      2. Cada unha das demarcacións en que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servizos administrativos.

    1. Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dominar ou dominarse.

      1. Plenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material.

      2. Plenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.

      3. Conxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servizo público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade.

      4. Conxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.

      1. Terra da que se posúe a autoridade ou a propiedade.

      2. Territorio que un soberano ou un Estado ten baixo o seu poder.

      3. División fitoxeográfica que equivale a provincia.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo edetano.

    2. Individuo do pobo edetano.

    3. Pobo ibero prerromano que habitou na Hispania Tarraconense e que se estendía polas provincias actuais de València, Castelló de la Plana, Teruel e o SL de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO