dálmata

dálmata

topónimo Dalmacia

Plural: dálmatas
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Dalmacia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Dalmacia.

  3. s m [LING ]

    Lingua románica xa extinguida, que se falou entre o Quarnero e Butua (Budva), na costa oriental do Adriático (aproximadamente na provincia romana de Dalmacia).

    1. adx

      Relativo ou pertencente á raza dálmata.

    2. raza dálmata

      Raza de cans de talle mediano que teñen o corpo esvelto, as orellas caídas, e o pelame curto de cor branca con manchas circulares negras ou marróns distribuídas uniformemente por todo o corpo.