deputación

deputación

lat deputatĭōne

Plural: deputacións
  1. s f

    Corporación constituída por deputados ou representantes de territorios ou comunidades.

  2. s f

    Exercicio ou cargo de deputado.

  3. deputación permanente

    Conxunto de deputados, senadores ou representantes, depositario do poder lexislativo fóra dos períodos ordinarios de sesións ou cando as cámaras están disoltas pola convocatoria dun proceso de renovación das mesmas.

  4. deputación provincial

    Institución supramunicipal que administra investimentos e presta servizos no territorio dunha provincia.