"Tempe" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 442.

  • Sulfuro de prata que cristaliza no sistema cúbico a temperaturas superiores aos 179°C e por debaixo fórmase a acantita. É de cor gris chumbo escura e de brillo metálico que se torna mate ao oxidarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir de abaixo a arriba.

    2. Chegar ou situarse nun lugar máis alto.

    3. Aumentar a temperatura, o gasto ou calquera cousa que se poida medir.

    4. Outorgar a alguén un grao profesional, dignidade ou cargo máis elevado do que posuía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algunha cousa sobre a base, nunha posición estable.

    2. Anotar por escrito algunha cousa para que quede constancia dela.

    3. Incluír ou facer incluír o nome de alguén nalgún rexistro.

    4. Facer coincidir unha cousa con outra.

    5. Afiar ou suavizar o gume dun instrumento cortante.

    6. Dar firmeza a algunha cousa.

    7. Poñer en obra ladrillos ou perpiaños.

    8. Pór calquera pasta pitórica ou de cor enriba dun soporte mediante un pincel, unha espátula ou un rolo.

    9. Deixar apoiada algunha cousa con firmeza e seguridade.

    10. olverse clara unha bebida como o viño cando o pouso vai para o fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos astácidos.

    2. Caranguexo da familia dos astácidos.

    3. Familia de caranguexos, da orde dos decápodos, propios das augas doces e temperadas do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asignar un prazo para algún labor do campo que deba realizarse por quendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao océano Atlántico ou ás súas costas.

    2. Relativo ou pertencente ás montañas de Atlas.

    3. Aplícase aos  subelementos corolóxicos propios da provincia atlántica.

    4. Grupo de linguas da rama níxero-congolesa.

    5. Fase climática holocénica que se desenvolve entre 7.500-5.500/4.300 BP, caracterizada polo aumento das temperaturas.

    6. Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana que comprende as terras da Europa Occidental sometidas a climas marítimos temperados e moi húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Capa gasosa que envolve a Terra.

      2. Capa gasosa que envolve algúns corpos celestes.

      3. Conxunto de capas exteriores da estrela.

      4. Conxunto das capas gasosas externas dos planetas.

      5. Capa gasosa de forma sensiblemente esferoidal que envolve a Terra. Divídese en cinco rexións de diferente comportamento térmico: a troposfera,  a estratosfera,  a mesosfera, a termosfera e a exosfera.

      1. Aire que hai ao noso redor ou porción de aire contido nun local.

      2. Estado xeral das condicións e circunstancias dalgún sitio.

      3. Proporción de osíxeno do aire dun recipiente que minguou sensiblemente, por efecto da respiración animal, dalgunha combustión ou de calquera outra emanación.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.

    2. Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.

    3. Cada unha das vertentes do tellado.

    4. O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.

      1. Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.

      2. Auga que contén gases na disolución.

      3. Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.

      4. Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á austenita.

    2. Aceiro, de estrutura austenítica a temperatura ambiente, obtido mediante a adición de cromo, manganeso ou níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de quentamento do aceiro ata levalo á temperatura na que a súa masa está composta total ou parcialmente de cristais de austenita.

    VER O DETALLE DO TERMO