atmosfera
gr ἀ τμός ‘vapor, aire’ + σ ϕ α ῐ ρα ‘esfera’
-
-
s
Capa gasosa que envolve a Terra.
-
s
Capa gasosa que envolve algúns corpos celestes.
-
atmosfera estelar
Conxunto de capas exteriores da estrela.
-
atmosfera planetaria
Conxunto das capas gasosas externas dos planetas.
-
atmosfera terrestre
Capa gasosa de forma sensiblemente esferoidal que envolve a Terra. Divídese en cinco rexións de diferente comportamento térmico: a troposfera, a estratosfera, a mesosfera, a termosfera e a exosfera.
-
s
-
-
s
Aire que hai ao noso redor ou porción de aire contido nun local.
-
s
Estado xeral das condicións e circunstancias dalgún sitio.
-
atmosfera viciada
Proporción de osíxeno do aire dun recipiente que minguou sensiblemente, por efecto da respiración animal, dalgunha combustión ou de calquera outra emanación.
-
s
-
-
s
Unidade de presión, denominada tamén atmosfera normal ou física, igual a 101.325 N/m 2 .
-
atmosfera absoluta [ata]
Expresión para indicar que as presións se miden en atmosferas a partir do cero de presión.
-
atmosfera estándar internacional
Atmosfera estándar definida pola ICAO, equivalente a 1.013,25 milibares ao nivel do mar, a unha temperatura de 15°.
-
atmosfera relativa [atm]
Expresión para indicar que as presións están medidas en atmosferas, e que se considera a presión atmosférica do momento como cero de presión.
-
atmosfera técnica [at]
Unidade de presión igual a un quilopondio por centímetro cadrado.
-
s
-
s
f
[QUÍM ]
Gas ou mestura de gases presentes nunha cámara de reacción. Segundo a acción que exerce pode ser atmosfera oxidante ou redutora e se non provoca ningún efecto, denomínase atmosfera inerte.
-
atmosfera controlada
-
Medio gasoso, de características físico-químicas controladas, que enche o recinto pechado onde se realizan determinados procesos produtivos.
-
Procesos que se realizan neste medio.
-
Aparato que contén este medio.
-
-
atmosfera estándar
[AERON ]
Calquera atmosfera definida hipoteticamente, atribuíndo ao aire propiedades físicas próximas aos medios reais.
Citas
- Forno de atmosfera controlada
- Hai unha atmosfera enrarecida na súa casa desde que morreu o seu avó
- Reducción da atmosfera controlada