"LD" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1193.

    1. aglomerar. 

    2. Resultado dunha aglomeración.

      1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.

      2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.

      1. Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos.

      2. Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).

      3. Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aglutina.

    2. Material capaz de unir fragmentos dunha ou varias substancias e de dar cohesión ao conxunto por efecto exclusivamente físico.

    3. Material que serve para trabar os morteiros ou como elemento de unión entre as pezas dun muro.

    4. Substancia empregada en fundición para evitar que a área que compón os moldes se disgregue.

    5. Substancia líquida na que se dilúen os pigmentos pictóricos unindo as súas partículas.

    6. Substancia adhesiva ou que, por reacción con outra, pode desenvolver propiedades adhesivas e actuar como tal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oitavo mes do ano no calendario gregoriano.

    2. Época do ano en que se leva a cabo a colleita dos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Raspar os ladrillos, baldosas ou azulexos para igualalos.

    2. Trazar ou marcar liñas rectas paralelas por medio do gramil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou palabras con que se ofende ou aldraxa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao aguinaldo.

    2. Cada unha das persoas que van en grupo polas casas cantando o aguinaldo para recadar cartos ou outros presentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presente que se dá polo Nadal, Aninovo ou Reis.

    2. Recompensa que se lle dá a unha persoa que realiza un traballo ben feito ou que anuncia boas novas.

    3. Recompensa que reciben os grupos de xente nova que van pedindo polas casas nas festas de Aninovo e Reis.

    4. s m

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado armado con alabarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato formado por unha caldeira e un tubo en espiral co que se destilan líquidos, especialmente alcohólicos.

    VER O DETALLE DO TERMO