"Dali" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 117.

  • Instrumento aerófono de lingüeta sinxela, modalidade de contralto do clarinete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade literaria cultivada no s XVII en España, no marco da cultura barroca, que se caracterizou pola tendencia á amplificación retórica e ás construcións latinizantes, pola temática mitolóxica e polas referencias á erudición clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Dahlia, da familia das asteráceas, que presenta raíces fasciculadas, capítulos florais terminais ou axilares, con brácteas dispostas en dúas filas e froito en aquenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Festas anuais en honor a Dédalo que celebraban os habitantes de Platea, en Beocia, tras volveren á súa patria despois de sesenta anos de desterro.

    2. Festas conmemorativas de reconciliación de Xano e Xúpiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dédalo.

    2. Período da escultura arcaica grega (s VII a C), que ten como representacións máis características as xoanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes.

      2. Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. A súa ideoloxía combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política.

      3. Conxunto lexislativo e constitucional que asegura o libre exercicio das liberdades políticas.

      4. Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado.

      5. Sistema político en que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos.

    1. País cun sistema de goberno democrático.

    2. Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de depositar ou depositarse.

    2. Cousa que se deposita.

      1. Lugar no que se deposita algunha cousa.

      2. Sala ou dependencia anexa, xeralmente nun centro hospitalario ou nun cemiterio, onde se depositan os cadáveres para instruír as dilixencias oportunas e efectuar a autopsia.

      1. Recipiente que contén un material sólido, líquido ou gasoso.

      2. Depósito de combustible que alimenta os motores aproveitando só o peso do combustible.

    3. Acumulación natural de mineral sólido, líquido ou gasoso na terra.

    4. acubillo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. descalzar.

    2. Que vai sen o calzado.

    3. Aplícase aos relixiosos que por espírito ascético e de pobreza calzan sandalias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación gráfica dun fenómeno, dunha lei ou da distribución das partes dunha cousa.

    2. Representación gráfica que se traza xeralmente nun plano, dotado duns eixes de coordenadas co fin de ilustrar a relación que existe entre dúas cantidades variables.

    3. Representación gráfica en que se relacionan variables que inciden no tempo atmosférico, tomadas nun período e nun territorio concretos, e que permite caracterizar o clima dese territorio.

    4. Representación gráfica dunha variable estatística, xeralmente discreta, en que aparecen os valores da variable xunto coa súa frecuencia relativa, que se representa en forma de barra ou segmento de lonxitude proporcional a dita frecuencia. OBS: Tamén se denomina gráfico de barras.

    5. Representación gráfica en que as unidades esenciais dun sistema, frecuentemente electrónico, se trazan en forma de rectángulos ou bloques, e a súa interacción se representa por liñas que unen estes bloques.

    6. Representación gráfica que mostra a relación entre as fases sólida, líquida e gasosa ao modificárense unha serie de condicións como a temperatura ou a presión.

    7. Representación gráfica da secuencia de operacións constitutivas dun proceso.

    8. Representación gráfica de todas as forzas que actúan sobre un corpo ou un sistema de partículas materiais.

    9. Representación gráfica que mostra a variación do punto de ebulición e da composición do vapor dunha mestura de dous líquidos ao variar a composición da mestura líquida de partida.

    10. Representación gráfica formada por un círculo en que cada sector corresponde a unha modalidade e as porcentaxes son proporcionais á superficie do sector. OBS: Tamén se denomina gráfico de sectores ou diagrama circular.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade da ironía que consiste na desautorización de algo ou de alguén por medio dunha expresión sarcástica, mordaz e despectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO