depósito

depósito

lat deposĭtu

Plural: depósitos
  1. s m

    Acción de depositar ou depositarse.

  2. s m

    Cousa que se deposita.

    1. s

      Lugar no que se deposita algunha cousa.

    2. depósito de cadáveres

      Sala ou dependencia anexa, xeralmente nun centro hospitalario ou nun cemiterio, onde se depositan os cadáveres para instruír as dilixencias oportunas e efectuar a autopsia.

    1. s

      Recipiente que contén un material sólido, líquido ou gasoso.

    2. depósito de gravidade [AERON ]

      Depósito de combustible que alimenta os motores aproveitando só o peso do combustible.

  3. s m [XEOL ]

    Acumulación natural de mineral sólido, líquido ou gasoso na terra.

  4. s m [ARQUEOL ]

    acubillo.

    1. s

      Contrato real mediante o que unha parte libra temporalmente unha cousa a outra parte, que a recibe coa obriga de custodiala, conservala e devolvela cando sexa reclamada pola primeira.

    2. depósito bancario

      Modalidade de depósito na que o cliente entrega unha suma de diñeiro ao banco, formalizándose a operación e contraendo a obriga a institución de devolverlle as sumas recibidas cando fose requirido polo depositante.

    3. depósito xudicial

      Depósito que ten lugar cando se decreta o embargo ou aseguramento de bens litixiosos.

  5. depósito electrolítico [IND ]

    Revestimento metálico obtido por superposición electrolítica sobre os metais ferrosos ou aliaxes de aluminio.

  6. depósito legal [BIBLIOT ]

    Obriga que teñen os impresores e os produtores nalgúns países de entregar un número determinado de exemplares de toda clase de impresos ou materiais audiovisuais, reproducidos en forma múltiple e destinados á difusión.

Confrontacións

pouso

Citas

  • Baleiraron os depósitos de carburante para limpalos
  • Entregoulle o depósito en billetes de dez euros
  • Estas caixas teñen que ir directamente ao depósito da empresa
  • Hai anos explotábase un depósito de carbón nesa zona