aproveitamento
aproveitamento
aproveitar
s
m
Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.
Ex: O apartado de medio ambiente trata sobre o aproveitamento dos recursos naturais e enerxéticos, Fixo un bo aproveitamento dos libros que lle prestei
Antónimos
Confrontacións
proveitoCitas
- O apartado de medio ambiente trata sobre o aproveitamento dos recursos naturais e enerxéticos, Fixo un bo aproveitamento dos libros que lle prestei
Refráns
- A quen Deus lla dea, san Pedro lla bendiga.
- A quen lle sobre pan, que manteña ben o can.
- A quen non lle sobre o pan, que non críe can.
- A quen queiras mal, cómelle o pan; e a quen ben, tamén.
- Anque sexa de palloeiro, procura encher o palleiro.
- Axúdate, que eu te axudarei.
- Cando o ben pasa, méteo, se podes, na túa casa.
- Cun caldeiro vello mércase outro novo.
- Da árbore derrubada todos levan algo.
- De ruín madeira, unha boa racha.
- Do coiro alleo, boas piallas se fan.
- Lava os teus pano s na semana de Ramos, que na de Paixón ou poderás ou non.
- O bo día, méteo na casa.
- O que ten burro e vai a pe, ben burro é.
- Parvo é quen entra na horta e non come froita.
- Pásache o sol pola porta: quéntate, miña comadre.
- Quen atope tallada de carne, que coma e que cale.
- Ti enche o palleiro de palla ou palloeiro.
- Uns erguen a caza e outros mátana e pápana.
- Uns erguen a caza e outros mátana.
- Uns sementan e outros segan.
- Uns seméntano, outros ségano e aprovéitano.
- Uns tenden as redes e outros collen os peixes.