"CESID" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 150.

    1. Acción e resultado de axudar.

    2. O que permite alcanzar un obxectivo prefixado.

      1. Acción e efecto de prestar axuda ou socorro, contribución ou subsidio ao rei ou ao señor para sufragar as súas necesidades ou por causa de circunstancias especiais.

      2. Complemento en diñeiro que, ademais do soldo, se entregaba aos  que exercían un cargo.

    3. enema.

    4. Diñeiro que se entrega a funcionarios e algúns empregados para sufragar os gastos diarios ocasionados en desprazamentos, fóra do lugar de residencia, por razón do seu traballo.

    5. Bens de consumo, de equipo ou de capital cedidos polas organizacións de carácter internacional, polos organismos crediticios estatais ou polo sector privado, a un estado ou país coa finalidade de asegurar ou favorecer o seu desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marxe dunha estrada, xeralmente marcada cunha liña, que se destina á circulación de peóns, bicicletas e vehículos de tracción animal e parada de vehículos en caso de necesidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que procura unha vantaxe, unha utilidade, unha satisfacción ou que é favorable ou conveniente.

      1. Aquilo que se axusta ao que se considera moralmente bo.

      2. Aquilo que constitúe a perfección dun ser, ben como tal, ben como o fin doutro ser que o desexa en tanto que pode satisfacer unha necesidade ou unha carencia.

    2. Aquilo material ou inmaterial que se pode posuír.

    3. Persoa á que se lle quere moito. OBS: Neste uso debe ir precedido de posesivo.

      1. Todo aquilo do que se pode dispoñer xuridicamente para obter un proveito ou unha utilidade.

      2. Ben aproveitado e de uso exclusivo da comunidade de veciños do concello onde se atopa.

      3. Ben perceptible por calquera dos cinco sentidos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade de quen axuda aos que non dispoñen de medios dabondo para cubrir necesidades básicas.

    2. Organización que ten como obxectivo a protección e o auxilio dos desvalidos mediante a asistencia médica e establecementos de albergue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de quen se sente ben e goza de tranquilidade.

    2. Situación na que están satisfeitas as necesidades materiais da vida.

    3. Corrente normativa da ciencia económica que ten por obxecto a busca do mellor para o colectivo.

    4. Tipo de actuación estatal destinada a producir bens e servizos non rendibles para o sector privado.  OBS: O fonema nasal realízase como nasal velar sonora

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crecemento tumoral dos tecidos descoordinado coas necesidades do organismo e que perturba as funcións biolóxicas normais. OBS: Tamén se denomina tumor.

    2. Proliferación vexetal, voluminosa e informe, que pode aparecer nos distintos órganos das plantas causado pola presenza de patóxenos.

    3. Aquilo que prolifera dunha maneira perigosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carisma.

      1. Persoa que forma parte dun movemento carismático.

      2. Corrente espiritual cristiá aparecida en 1967 en América do Norte. Propugna a práctica dun tipo de oración espontánea e entusiasta, e a necesidade de recuperar a riqueza de carismas das comunidades cristiás primitivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material ríxido e groso que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras.

      1. Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

      2. Tarxeta provista dunha banda magnética que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa e que serve para efectuar operacións sen necesidade de posuír cartos en efectivo.

    2. Anaco de cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas categorías deportivas empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

      1. Cartón preparado por medio da imprimación que se utiliza como soporte pictórico, especialmente en técnicas ao óleo ou de pastel en obras de medidas reducidas.

      2. Debuxo preparatorio efectuado co mesmo tamaño que a obra definitiva, cando é necesario executar unha pintura ao fresco, en cabalete, cerámica, tapizaría, vidraría e mosaicos.

    3. Medida empregada polos pescadores que equivale á cuarta parte de algo.

    4. Tubo cónico de cartón sobre o que se envolve o fío producido e que serve de alma á fusada, evitando que o fío se enlee ao arrincala do fuso, ao transportala ou ao debandala.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Construción que está destinada para a vivenda.

      2. Casa na que morreu algunha persoa e desde onde sae o enterro.

      3. Casa da parroquia destinada a vivenda do párroco.

      1. Edificio destinado a un uso público determinado ou a un uso privado que non sexa vivir nel.

      2. ceca.

      3. Establecemento onde se exerce a prostitución.

      4. Templo dedicado ao culto relixioso cristián.

      5. Establecemento no que, a cambio dun determinado prezo, se ofrece hospedaxe e, ás veces, tamén manutención. OBS: Tamén se denomina pousada.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Diferéncianse dous tipos de células: a célula procariota que non ten membrana nuclear e a célula eucariota co núcleo delimitado pola membrana nuclear.

    2. Célula que nas anxiospermas, está en contacto cun tubo criboso.

    3. Célula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.

    4. linfocito B.

    5. leucocito.

    6. mastocito.

    7. Tipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas in vitro. OBS: Tamén se denomina células NK.

    8. Célula esteliforme con función fagocigótica que se atopa no fígado e no revestimento endotelial dos vasos sanguíneos.

    9. Célula non fagocítica derivada da medula ósea, presente na pel, que posúe antíxenos MCH tipo II  e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO