"1" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1789.

  • Profesa dunha orde relixiosa fundada no 1850 en Madrid por María Micaela do Santísimo Sacramento para acoller e instruír rapazas. A orde chamouse Congregación de Relixiosas Adoratrices Escravas do Santísimo e da Caridade (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria de Afganistán. Subdivídese en 100 puls.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao rei Afonso e ao seu reinado.

    2. Partidario de Afonso XII e do afonsismo.

    3. Relativo ou pertencente ao período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.

    4. Moeda que circulou en Portugal e nos territorios das Coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.

    5. Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yehudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid e que foron confeccionadas en 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X o Sabio. Calculáronse a partir do meridiano e  paralelo de Toledo e están baseadas na teoría de Ptolomeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo africáner.

    2. Individuo do pobo africáner.

    3. Pobo de Sudáfrica, formado polos descendentes dos campesiños que procedían dos Países Baixos e que se estableceron no cabo de Boa Esperanza a partir de 1652. OBS: Tamén se denomina bóer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao africanismo.

    2. Que se dedica aos estudos antropolóxicos, arqueolóxicos, etnográficos ou doutra índole relativos a África. Tm s.

    3. Que defende os intereses africanos ou é partidario deles. Tm s.

    4. Militares españois, principalmente oficiais, que prestaron servizo en África durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente conxuntamente a África e a Asia.

    2. Familia de linguas africanas subdividida nas pólas semítica, exipcia, bérber, cuixítica, omótica e chadiana.

    3. Conxunto de países de Asia e de África que se uniron para facer fronte ás antigas metrópoles no proceso de descolonización destes dous continentes. Comezou a configurarse na Conferencia de Nova Delhi (1949) e as liñas principais da súa política establecéronse na Conferencia de Bandung (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos agostiños, a santo Agostiño e á súa doutrina.

      1. Membro dunha orde ou congregación agostiña.

      2. Membro dunha congregación relixiosa fundada en 1845 polo pai de Alzon.

      3. Membro da orde relixiosa xurdida a partir da reforma iniciada por Andrés Díaz en Nápoles en 1592. Une a vida contemplativa coa activa.

      4. Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma dos cóengos en tempos da reforma gregoriana que recollía as experiencias dos monxes de San Rufo de Aviñón, fundada en 1309.

      5. Membro da orde mendicante creada polo papa Alexandre IV (1256).

      6. Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma da congregación dos ermitáns de santo Agostiño, na Provincia de Castela, presidida entón por frei Luís de León (1537-1591).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asentamento con características urbanas desenvolvido na Unión Soviética a partir de 1949

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acaba en punta.

    2. Aplícase á folla cando os seus bordos forman un ángulo agudo no ápice.

      1. Aplícase ao fonema en que o seu segundo formante se manifesta cunha frecuencia elevada, superior, normalmente, aos 1.400 ciclos por segundo.

      2. Aplícase ao fonema consonántico articulatoriamente constituído por dúas cavidades de resonancia bucal (/t/-/d/).

    3. Son alto, dun número de vibracións por segundo maior ca os dos graves ou baixos.

    4. Enfermidade que ten un curso relativamente rápido.

    5. Palabra en que a sílaba tónica é a última.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte marcial xaponesa creada contra 1925 que mestura técnicas doutras artes marciais no corpo a corpo, sobre todo do judo.

    VER O DETALLE DO TERMO