afonsino -na
afonsino -na
Rei Afonso
-
adx
Relativo ou pertencente ao rei Afonso e ao seu reinado.
-
s
[HIST ]
Partidario de Afonso XII e do afonsismo.
-
adx
[LIT ]
Relativo ou pertencente ao período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.
-
s
m
[NUMIS ]
Moeda que circulou en Portugal e nos territorios das Coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.
-
táboas afonsinas
[ASTRON ]
Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yehudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid e que foron confeccionadas en 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X o Sabio. Calculáronse a partir do meridiano e paralelo de Toledo e están baseadas na teoría de Ptolomeo.
Citas
- No período afonsino producíronse as cantigas marianas de Afonso X
- O dereito foral da Coroa de Castela está recollido nas Partidas afonsinas