"pari" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 441.

  • Planta herbácea anual, da familia das quenopodiáceas, de follas alternas, estreitas e grosas, lanceoladas e trinervadas, flores axilares verdosas e froito de tipo drupa de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de goberno en que o poder é exercido real ou nominalmente por unha soa persoa, e que se caracteriza pola falta de carácter representativo da colectividade. Pode ser absoluta cando o poder supremo se concentra só na persoa do monarca, e limitada ou constitucional cando, á parte do monarca, existen outras institucións soberanas en réxime de paridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erupción cutánea que se caracteriza pola aparición de marcas, únicas ou múltiples, brancas, nacaradas, elevadas e redondas, rodeadas dun anel de cor morado. É unha forma de esclerodermia circunscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto, da familia dos crísidos, da orde dos himenópteros, coa cabeza e o tórax azuis e o abdome encarnado. Poñen os ovos dentro dos niños de abellas e de avespas.

    2. Insecto, da familia dos dípteros, de cabeza negra e corpo gris con bandas negras. Habita en ambientes humanizados, é moi prolífica e pode ser un vector de enfermidades.

    3. Insecto da familia dos dípteros. É coñecida por deixar os seus ovos en carne en descomposición, que alimentará as larvas que sairán dos ovos.

    4. Insecto da familia dos dípteros, coñecido por inocular, en persoas e gando, un tripanosoma que provoca a enfermidade do sono.

    5. Nome dado a unha gran diversidade de insectos da familia dos dípteros e a algúns doutras familias de insectos.

    6. Nome que reciben os dípteros da familia dos bombílidos. Teñen unha gran trompa que utilizan para succionar o néctar das flores.

    7. Nome co que é coñecida a Drosophila melanogaster, de pequeno tamaño e moi utilizada en xenética.

    8. plecóptero.

    9. Nome que reciben os insectos da orde dos efemerópteros.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser humano de sexo feminino.

    2. Individuo adulto de sexo feminino.

    3. Dona, en relación ao marido, dentro do matrimonio civil ou canónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á femia que pariu máis dun fillo nun mesmo parto.

    2. Aplícase á muller que pariu máis dunha vez.

    3. Aplícase á ramificación ou inflorescencia que presenta varios talos ao mesmo nivel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de n elementos dispostos ordenadamente. Cando n=2, fálase de parella, cando n=3, de trío ou triplete, e cando n=4 de cuaterno.

    2. Nivel dexenerado formado por subniveis moi próximos, que se manifestan espectroscopicamente, coa aparición de liñas moi próximas entre si.

    3. Conxunto de partículas que comparten o mesmo spin e certas propiedades, pero que se diferencian en función dunha clasificación dada por un grupo de simetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación infecciosa circunscrita da pel, localizada nun folículo piloso. OBS: Tamén se denomina carafuncho.

    2. Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis, que se manifesta habitualmente como un tumor inflamatorio na pel, de consistencia dura e coloración vermella. OBS: Tamén se denomina carbuncho.

    3. Tumefacción de carácter grave.

    4. Enfermidade do porco que se caracteriza pola aparición na boca duns grans negros que lle impide comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecidio producido polo parisitismo de vermes nematodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reino neotropical.

    2. Reino bioxeográfico que inclúe as rexións tropicais e subtropicais de América e que se caracteriza por unha vexetación de pluvisilvas ecuatoriais e formacións xerófilas tropicais, que son moi variadas e comprenden bosques claros, sabanas, matogueiras e formacións esteparias, e unha fauna con numerosos grupos endémicos, como os mamíferos xenartros.

    VER O DETALLE DO TERMO