multiplete

multiplete

ingl multiplet

Plural: multipletes
  1. s m [MAT ]

    Conxunto de n elementos dispostos ordenadamente. Cando n=2, fálase de parella, cando n=3, de trío ou triplete, e cando n=4 de cuaterno.

  2. s m [FÍS ]

    Nivel dexenerado formado por subniveis moi próximos, que se manifestan espectroscopicamente, coa aparición de liñas moi próximas entre si.

  3. s m [FÍS ]

    Conxunto de partículas que comparten o mesmo spin e certas propiedades, pero que se diferencian en función dunha clasificación dada por un grupo de simetría.