muller
muller
lat mulĭēre
-
s
f
Ser humano de sexo feminino.
-
s
f
Individuo adulto de sexo feminino.
-
s
f
[DER ]
Dona, en relación ao marido, dentro do matrimonio civil ou canónico.
Confrontacións
señoraCitas
- Era moi muller
- Era unha muller de letras, culta e educada
- Esperou pola súa muller para ir xantar
- Tivo tres fillos, e dúas eran mulleres
- Xa es unha muller para tomar as túas decisións
Refráns
- A ama brava é a chave da casa.
- A boa moza é coma a pera acelmosa, que, ende coméndoa, dá gana doutra.
- A boa muller de tarde en tarde na rúa déixase ver.
- A boa muller nin ha de oír nin ha de ver.
- A boa muller sen fama: nin boa nin mala.
- A boa muller, a casa sábea encher.
- A casada ben composta quita o seu home doutra porta.
- A dona na rúa, composta; na igrexa, devota; no lar, facendosa; na casa, mañosa; no estrado, señora; na festa, modosa; e na cama, xeitosa e graciosa.
- A dona que é composta, se non fai o mandado, non dá mala resposta.
- A dona quere ser rogada e non obrigada nin forzada.
- A dona traballadora non quere home lacazán/folgazán.
- A dona, na casa; o home, no traballo.
- A honra da muller moito coidadiño quer.
- A honra da muller non se lle debe chincar tan xiquer.
- A leña e a muller, cantos máis anos, máis arder.
- A llngua da muller di todo o que quer e o que non quer.
- A loba e a muller son iguais no escoller.
- A mal aliñada, primeiro abre a porta que fai a cama.
- A moza á beira do mozo requere a nai preto dela.
- Á moza andadeira crebarlle a perna.
- A moza da vila, casa porca e porta varrida.
- Á moza larpeiriña non hai para que seguila.
- Á moza louca máis lle agrada o pandeiro cá touca.
- Á moza mala, a campá a chama; e á mala mala, nin a campá nin nada.
- A moza para a festa, e para a casa a besta.
- A moza quere o espello porque lle dá consello.
- A moza risoña ben deixa ver que quere ser dona.
- A moza trouleira, súa nai á beira.
- A mozo galán, ter a filla da man o
- A muller á "ventana" perde máis que gaña.
- A muller afeitada víralle a cara.
- A muller aliñada, antes de se vestir, fai a cama.
- A muller aseada, o berce feito e ela peiteada, tan logo está levantada.
- A muller bailar e ao burro ornear, o diaño debeullo ensinar.
- A muller barbada unha fai e outra garda.
- A muller barbuda de lonxe a saúda.
- A muller boa é a que non soa.
- A muller brava dálle corda larga.
- A muller casada e honrada, a perna crebada para que non saia da casa.
- A muller composta o seu home arreda doutra porta.
- A muller de bo aliño cría, fía, devana e vende o liño.
- A muller de bo recaudo enche a casa ata o tellado.
- A muller descaseirada non fai boa casada.
- A muller do cego ¿para quen se compón?
- A muller do escudeiro, bulsa grande e pouco diñeiro.
- A muller do pastor pola noite se compón.
- A muller e a besta a ninguén se empresta.
- A muller e a cabra é mala, sendo fraca.
- A muller e a cabra, a pata crebada.
- Á muller e á cabra, corda larga.
- A muller e a gaivota, canto máis vella, máis tola.
- Á muller e á galiña tórcelle o pescozo: verás como queda mansiña.
- A muller e a galiña, na casa con día.
- A muller e a galiña, pequeniña.
- A muller e a galiña, por andar, pérdese axiña.
- A muller e a laranxa non se han apretar moito, porque amargan.
- A muller e a loba do máis feo se namoran.
- A muller e a moeda non gusta de estar queda.
- Á muller e á mula pola boca éntralle-la fermosura.
- A muller e a ovella, con día na cortella.
- A muller é a primeira le ira que pola mañá ve o labrego.
- A muller e a sardiña, na cociña.
- A muller e a sardiña, pequeniña/e escanchadiña.
- Á muller e á sogra dálles corda.
- A muller e a troita préndese pola boca.
- A muller e a viña dan ao home alegría.
- A muller e a viña faina o home garrida.
- A muller é antoxadiza e a cabra espantadiza.
- Á muller e ao can o pau nunha man e noutra man o pan.
- A muller e ao carniceiro médralle-Ia carne na mano
- A muller é fogo; o home estopa: vén o demo e sopra.
- A muller e o muíño queren uso continuo.
- A muller e o neno só calan o que non souberon.
- A muller e o ouro pódeno todo.
- A muller e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
- A muller e o vidro sempre están en perigo.
- A muller e o viño sacan o home de tino.
- A muller é.coma o melón: se é boa, non hai cousa mellor; se é mala, non a hai peor.
- A muller facendosa ten o pe no berce e as mans na roca.
- A muller fai o home.
- A muller fermosa quítalle o nome ao seu home.
- Á muller festeira créballe a perna.
- A muller gambemeira, de festa en festa e de feira en feira.
- A muller gobernadora arrola o neno e fía na roca.
- A muller honesta, cando fai algo na casa, está na súa festa.
- A muller honrada, a perna crebada e na casa.
- A muller honrada, coa porta pechada.
- A muller limpa e composta o seu bome quita doutra porta.
- Á muller louca máis lle gusta o pandeiro cá touca.
- A muller máis asisada ou sabe moito ou non sabe nada.
- A muller mala, non enfadala.
- A muller moza e viúva soila pouco dura.
- A muller na igrexa, santa; e na rúa, cabra.
- A muller na súa casa e descalza.
- A muller na súa casa nada lle pasa.
- A muller non dala a ver.
- A muller pequeniña sempre é mociña.
- A muller que é coidadosa deixa a gaita e colle a roca.
- A muller que máis sabe, máis precisa que a garden.
- A muller que moito mira, pouco fía.
- A muller que moito se mira á cara, pouco atende a casa.
- Á muller que non ha ser tola búlanlle as mans e cálelle a boca.
- A muller que non sabe cociñar é coma gata que non sabe ratear.
- A muller que pouco fía sempre trae rufn camisa.
- A muller quince la xa non ten aquela.
- A muller sempre algo ha querer.
- A muller sempre erra no escoller.
- A muller sen mestre sabe mentir e chorar.
- A muller tola e a camisa rota logo saen á porta.
- A muller ventaneira busca quen barata a queira.
- Á muller, ao cabalo e á mula pola boca lles entra a fermosura.
- A muller, caseira; e non paroleira.
- A muller, por moito que a garden, non está mellor gardada.
- A negra co frío non vale un figo; a branca coa xeada, nin figo nin nada.
- A que quere ser mala, pouco aproveita gardala.
- Algo ha face-Ia muller, para branca ou roiba ser.
- Ama con amigo non a teñas na túa casa nin na do teu veciño.
- Amasade, panadeiras, que miña nai quere un pan.
- Amor de muller e aloumiño de can, non dan se non lle dan.
- Antes abre a porta, que fai a cama, a muller mal amañada.
- Antes deixará o reiseñor de cantar, que a muller de parolar e chorar.
- As mulleres onde están, sobran; e onde non están, boa falta fan.
- As mulleres sempre escollen o peor.
- As mulleres, ou matalas ou deixalas.
- Ás nove: ¡Déitate, home!. Ás dez: Muller ¿ti vés?
- As que ao muíño van, se son bonitas, logo as moerán.
- As romarías e ás vodas van as loucas todas.
- Ben está a porta pechada e a dona dentro da casa.
- Cal é a ama, tal anda a casa.
- Cando a muller merca moito, o seu home vende pronto.
- Cando fores ao mesón, que a mesoneira sexa a túa parenta e o mesoneiro non.
- Canto máis chore a muller, menos dó se lle ha ter.
- Cartas e mulleres van a quen queren.
- Casa de donas sen escudeiro é coma fogos sen trasfogueiro.
- Casa sen muller nunca rica pode ser.
- Catro efes ten miña tía: fea, fraca, froxa e fría.
- Catro mulleres, catrocentos pareceres.
- Coa mala xanta e coa boa ten baralla.
- Coa muller e co diñeiro non te mofes, compañeiro.
- Como a muller sen vergonza, así é a árbore sen codia.
- Con media muller abonda.
- Con mulleres entrarás, cando quixeres, e sairás, cando poideres.
- Condición é de mulleres despreciar o que lle deres e morrer polo que lle negues.
- Da muller e do mar non hai que fiar.
- Dáme a moza vestida, que eu cha darei belida.
- De muller que sabe latín, e mula que fai ¡hin!, arrenega ata a fin.
- De noite non hai muller fea.
- Dor de muller morta dura ata a porta.
- Entre o si e o non das mulleres, non cabe a punta dun alfinete.
- Entre santa e santo, parede de cal e canto.
- Entre santa e santo, un carro de canto.
- Este labor leito vai -dixo o que enterraba a muller.
- Gardar ben unha muller, non pode ser.
- Líbrate de dianteira de viúva e de traseira de mula.
- Máis quero moza feita que moza desfeita.
- Mal anda a casa onde a roca manda na aixada.
- Mans brancas non ofenden pero mancan.
- Media moza está na tenda e outra media anda de xeira.
- Mellor é de vista que de lista.
- Moza boa boa é.
- Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha.
- Moza garrida, ou ben gañada ou ben perdida.
- Moza que a moitos fai cara é unha maula.
- Moza que a moitos fai cara, podes gardala.
- Moza que de si n o n toma é porta de tara be lo/sen tarabelo.
- Mozas tolas e por casar é mal gando de gardar.
- Mula que fai ¡hin! e muller que charla latín, non se fixeron para mino
- Muller boa e honrada é a que coida a súa casa.
- Muller caseira, a filla primeira.
- Muller composta na rúa posta a todo o malo está disposta.
- Muller do cego que se compón moito, non se compón para que a vexan outros.
- Muller fiadeira fai boa casadeira.
- Muller fiandeira e lareteira, mellor na casa que na eira.
- Muller goberneira cría o seu fillo e fía a súa tea.
- Muller lareteira, para quen a queira.
- Muller morta, sete á porta.
- Muller moza e con coche na facenda fai esmoche.
- Muller que asubía e fía de pe, nunca boa é.
- Muller que corre, seguida quere ser.
- Muller que de si non toma, é porta sen tarabelo.
- Muller que moito bebe, tarde paga o que debe.
- Muller que moito fala, ao mellor desbarra.
- Muller que sabe latín, non serve para mino
- Muller que ten bigote pode máis có home.
- Muller tapada esconderse quere.
- Muller ventaneira ¡fuxe dela á carreira!
- Muller, vento e ventura logo se mudan.
- Mulleres á eira e viño en coeira.
- Mulleres e viño sacan o home do bo camiño.
- Na casa da muller rica ela é a que rosma, latrica e replica.
- Na casa da muller rica o home cala e ela repica.
- Na casa sen muller ¿que gobemo pode haber?
- Nena que de si non toma é porta sen tarabelo.
- Nin moza sen amor nin vello sen dar.
- Nin moza sen espello nin vello sen consello.
- No andar e no haber coñecese a muller.
- No inverno, forneira; no verán, taberneira.
- Non é brava a muller que cabe na casa.
- Non hai moza ben gardada, se ela se non quere gardar.
- Non hai vella da cintura para abaixo.
- Non rogues cama á muller, que non hai mester.
- Ó can que mexar e a muller que falar, nunca lles ha faltar.
- O choro de muller non sempre se pode crer.
- O home é fogo, a muller estopa: vén o diaño e sopra.
- O home é lume e a muller é estopa: vén o demo e sopra.
- Ó horne de rnáis saber, unha rnuller bótao a perder.
- O máis sisudo varón, a muller bótao ao fondón.
- O pe no berce e as mans na roca: así fai a muller facendosa.
- O que calza alpargatas e de mulleres fai caso non axuntará diñeiro e sempre andará descalzo.
- O que non alcanzan barbas, consígueno faldras.
- O que non ten muller, moitos ollos ha mester para garda-Io seu haber.
- O que queira ter a muller boa, déalle cervoa.
- O que quere a muller, iso se ha facer.
- O temor á muller é o comezo da saúde.
- Onde non hai muller, todo anda como Deus quer.
- Para a muller o casar é fiar, pero o parir é chorar.
- Para a muller que se garda, non hai ocasión que valla.
- Pasa por boa muller a que varre ao amañecer.
- Pola boca morre o peixe e a muller pérdese.
- Pola muller entrou o mal no mundo.
- Por unha vez que me arremanguei, toda me lixei.
- Quen boa muller ten, seguro vai e seguro vén.
- Quen serve mozo, muller e común non serve a ningún.
- Quen ten fillas para casar,merque rocas para fiar.
- Quen ten muller, ten o que ha mester.
- Se que res ver a túa muller marta, dálle a comer samborca.
- Se vas á feira a feirearte, tes que comporte e amañarte.
- Sufrirei filla golosa e albendeira mais non fenestreira.
- Tan limpa e tan recachada e cada mes pon camisa lavada.
- Unha ama forte e brava é o gobemo dunha casa.
- Vale máis unha muller guisando, que un cento latricando.
- ¡Ai, Señor, por quen ti es, que non se acaben as mulleres!
- ¡Deus me dea mesón que sexa da mesoneira e do mesoneiro non!
- ¡Léveme Deus Ao mesón onde a mesoneira mande e o mesoneiro non!
- ¡Quen me dera un arrimiño ande poderme arrimar!