neotropical
neotropical
neo- + tropical
-
adx
Relativo ou pertencente ao reino neotropical.
-
[BOT/XEOG ]
Reino bioxeográfico que inclúe as rexións tropicais e subtropicais de América e que se caracteriza por unha vexetación de pluvisilvas ecuatoriais e formacións xerófilas tropicais, que son moi variadas e comprenden bosques claros, sabanas, matogueiras e formacións esteparias, e unha fauna con numerosos grupos endémicos, como os mamíferos xenartros.