"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

    1. Conseguir coller ou tocar algunha cousa que está ao alcance.

    2. Lograr algo que se desexa ou ao  que se aspira.

    3. Chegar ao punto no que se atopa alguén ou algunha cousa que vai por diante.

    4. Afectar ou concernir algunha cousa a alguén ou a outra cousa.

    5. Entender unha explicación, abarcala con intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao océano Atlántico ou ás súas costas.

    2. Relativo ou pertencente ás montañas de Atlas.

    3. Aplícase aos  subelementos corolóxicos propios da provincia atlántica.

    4. Grupo de linguas da rama níxero-congolesa.

    5. Fase climática holocénica que se desenvolve entre 7.500-5.500/4.300 BP, caracterizada polo aumento das temperaturas.

    6. Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana que comprende as terras da Europa Occidental sometidas a climas marítimos temperados e moi húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao tecido que ten forma ou tacto de toalla.

    2. Que está cuberto ou revestido de toalla.

    3. Que ten entendemento curto, aparvado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica iniciada por Leucipo que defende que os principios da realidade son os átomos e o baleiro.

      2. Teoría de Bertrand Russell e de Ludwig Wittgenstein que defende que a estrutura do mundo está composta duns elementos absolutamente primeiros, coñecidos de xeito inmediato, que son o residuo último da análise lóxica.

    1. Conxunto de teorías que conciben a psique como unha composición de elementos psíquicos simplemente xustapostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atraer.

      1. Forza entre corpos sometidos a unha interacción atractiva.

      2. Lei establecida por Newton que di que dous puntos materiais, de masa m e m’, separados por unha distancia r, exercen o un sobre o outro unha forza de atracción f = Gmm’/r 2 (onde G é a constante de gravitación).

      1. Cada parte dun espectáculo en circo e en variedades.

      2. Máquina ou xogo que serve para divertir á xente.

    2. Cousa ou persoa que atrae a atención dos demais.

    3. Fenómeno polo que unha palabra ten tendencia a asimilarse morfoloxicamente a outra, cando ambas as dúas teñen unha relación sintáctica.

    4. Cambio brusco de dirección das liñas isóxenas en determinados lugares próximos a formacións xeolóxicas de certos minerais metálicos a causa da acción magnética destas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. atravesar.

    2. Que ten mal carácter ou tendencia a facer mal.

    3. Que gusta de enredar e facer trasnadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación de arrepentimento e dor que se produce despois de ofender a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Defender un terreo con trincheiras, parapetos ou barricadas fronte a un ataque inimigo.

    2. Poñerse a cuberto do inimigo en trincheiras.

    3. Colocarse nun lugar de difícil acceso.

    4. Tomar unha resolución e perseverar nela sen atender a razoamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perder o siso, facerse curto de entendemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Admisión para ser oído, principalmente cando a concede algunha autoridade.

    2. Conxunto de persoas que asiste a un espectáculo ou que decide sintonizar un programa dun medio de comunicación.

    3. Lugar onde se xuntan os Tribunais de Xustiza para celebrar as audiencias.

      1. Acto de escoitar a calquera persoa que intervén nun proceso xudicial.

      2. Acto de dar a unha parte ou a un interesado a oportunidade de formular alegacións en defensa dos seus dereitos nun proceso xudicial.

    4. Órgano colexiado para a administración de xustiza, que polo xeral encarna a suprema instancia.

      1. Tribunal do bispo.

      2. Xurisdición recoñecida aos  bispos polo emperador Constantino (318), con tendencia a ser limitada aos  asuntos entre clérigos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO