atracción

atracción

lat attractione

Plural: atraccións
  1. s f

    Acción e efecto de atraer.

    1. s

      Forza entre corpos sometidos a unha interacción atractiva.

    2. lei da atracción universal/da gravitación universal

      Lei establecida por Newton que di que dous puntos materiais, de masa m e m’, separados por unha distancia r, exercen o un sobre o outro unha forza de atracción f = Gmm’/r 2 (onde G é a constante de gravitación).

    1. s

      Cada parte dun espectáculo en circo e en variedades.

    2. atracción de feira

      Máquina ou xogo que serve para divertir á xente.

  2. s f

    Cousa ou persoa que atrae a atención dos demais.

  3. s f [LING ]

    Fenómeno polo que unha palabra ten tendencia a asimilarse morfoloxicamente a outra, cando ambas as dúas teñen unha relación sintáctica.

  4. atracción local [MAR ]

    Cambio brusco de dirección das liñas isóxenas en determinados lugares próximos a formacións xeolóxicas de certos minerais metálicos a causa da acción magnética destas.

Sinónimos

Confrontacións

diversión

Citas

  • As fermosas praias das Rías Baixas son a grande atracción para os turistas, Aquel inesperado espectáculo era a atracción da festa
  • Os nenos quedaron sorprendidos coas atraccións do circo, A sala de festas contratou unha atracción para a festa de fin de ano
  • Sentía unha forte atracción polas situacións de perigo
  • Subín en todas as atraccións da feira

Refráns

  • O lume, a cama e o amor non din: ¡Vaite ao teu labor!
  • Vai o ben ao ben e o mal queda para que n o ten.
  • Vaise o ben ao ben e as abellas ao mel.
  • Xa está feita a metá, porque anque ela non queira, eu quera xa.