"algún" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1148.

      1. Pecho que consiste nun gancho metálico curvo ou rectoque encaixa nunha argola ou peza de madeira unida á porta cun cravo, arredor da que xira, para fechar portas, cancelas e ventás.

      2. Pechadura constituída por un taco de madeira cravado nos marcos das portas ou ventás que, ao fechar, xira sobre el mesmo.

      1. Peza cilindrocónica dos instrumentos de corda na que se aparafusan as cordas, co fin de estiralas ou de afrouxalas e de deixalas suxeitas na afinación desexada.

      2. Chave de madeira ou doutro material para tensar as cordas dos instrumentos musicais.

    1. Peza cilíndrica que se emprega en moitos dispositivos de mecánica fina para inmobilizar dúas ou máis pezas superpostas.

    2. Peza illante amovible, cun ou máis contactos metálicos que se poden introducir nas cavidades dunha toma de corrente co fin de establecer unha conexión eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia combustible, sólida, lixeira e negra, que é produto da descomposición incompleta, da destilación ou da combustión parcial da materia orgánica, principalmente vexetal.

      2. Carbón que posúe un alto poder de absorción selectiva.

      3. Carbón que se obtén por medio da carbonización de tecidos animais.

      4. Residuo que se obtén da destilación seca dos carbóns bituminosos ou dalgúns combustibles.

      5. Materia mineral sólida e combustible de orixe vexetal, de cor negra. Está composto de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e outros compoñentes non volátiles.

      6. Carbón que se obtén pola carbonización da madeira.

    1. Brasa que xa está apagada.

      1. Lapis coa mina de carbón que se emprega para debuxar e que se presta a unha ampla variedade de tons.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreitamento do corazón ou dalgún dos seus orificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia de non ter ou faltar algunha cousa que se expresa.

    2. Perturbación no metabolismo mineral da planta pola escaseza de algún elemento fundamental.

    3. Ausencia ou insuficiencia de afecto cara ao neno pequeno, especialmente antes do cuarto ano de vida, por parte da nai ou do substituto materno.

    4. Afección provocada pola insuficiencia no organismo de elementos nutritivos indispensables.

    5. Lapso de tempo cotizado nos seguros para poder ser beneficiario dunha prestación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cargar.

      1. Aquilo que se coloca sobre alguén, sobre un animal ou sobre un vehículo para ser transportado.

      2. Carga límite que pode transportar un barco.

      3. Recipiente cunha potente carga explosiva no seu interior que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos.

    2. Peso que gravita sobre unha construción ou sobre cada un dos seus elementos constitutivos.

    3. Anotación contable que representa un aumento do activo en conta ou ben unha diminución do pasivo ou neto.

      1. Subxección especial dunha persoa ou dun ben a unha obriga legal concreta de carácter público ou a unha responsabilidade ou gravame patrimonial.

      2. Obxecto do contrato de transporte.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Delito ou culpa atribuído a unha persoa.

      2. Documento no que figuran os feitos irregulares ou delitivos que se lle atribúen a alguén nun expediente disciplinario.

      1. Función ou dignidade que desempeña unha persoa nunha organización, empresa ou oficina, normalmente retribuída.

      2. Persoa que ten atribuída unha importante responsabilidade dentro dun organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de excreción ou de exosmose dalgúns elementos do núcleo celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Irritación do ánimo dunha persoa a causa dalgún acontecemento adverso.

    2. Ímpeto para levar a cabo unha empresa sen temer as dificultades ou perigos que se poidan encontrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra.

      2. Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.

      3. Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.

    1. Folla rectangular de cartolina con figuras pintadas nun dos lados, que forma parte dun conxunto de 48 a 52 elementos divididos en catro series ou paus.

    2. Documento que acredita determinados dereitos ou servizos para a identificación persoal con validez oficial.

      1. Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.

      2. Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea.

      3. Representación que se fai nun plano das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material ríxido e groso que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras.

      1. Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

      2. Tarxeta provista dunha banda magnética que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa e que serve para efectuar operacións sen necesidade de posuír cartos en efectivo.

    2. Anaco de cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas categorías deportivas empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

      1. Cartón preparado por medio da imprimación que se utiliza como soporte pictórico, especialmente en técnicas ao óleo ou de pastel en obras de medidas reducidas.

      2. Debuxo preparatorio efectuado co mesmo tamaño que a obra definitiva, cando é necesario executar unha pintura ao fresco, en cabalete, cerámica, tapizaría, vidraría e mosaicos.

    3. Medida empregada polos pescadores que equivale á cuarta parte de algo.

    4. Tubo cónico de cartón sobre o que se envolve o fío producido e que serve de alma á fusada, evitando que o fío se enlee ao arrincala do fuso, ao transportala ou ao debandala.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO