caravilla

caravilla

lat clāvicula

Plural: caravillas
  1. s f
    1. Pecho que consiste nun gancho metálico curvo ou rectoque encaixa nunha argola ou peza de madeira unida á porta cun cravo, arredor da que xira, para fechar portas, cancelas e ventás.

    2. Pechadura constituída por un taco de madeira cravado nos marcos das portas ou ventás que, ao fechar, xira sobre el mesmo.

  2. s f
    1. Peza cilindrocónica dos instrumentos de corda na que se aparafusan as cordas, co fin de estiralas ou de afrouxalas e de deixalas suxeitas na afinación desexada.

    2. Chave de madeira ou doutro material para tensar as cordas dos instrumentos musicais.

  3. s f [TECNOL ]

    Peza cilíndrica que se emprega en moitos dispositivos de mecánica fina para inmobilizar dúas ou máis pezas superpostas.

  4. s f [FÍS ]

    Peza illante amovible, cun ou máis contactos metálicos que se poden introducir nas cavidades dunha toma de corrente co fin de establecer unha conexión eléctrica.

Sinónimos

Confrontacións

tranca

Citas

  • Axustamos ben as cordas do piano coa caravilla e coa axuda dun afinador porque estaban pouco tensas
  • Fecha as contras coas caravillas que se están batendo co vento
  • Non nos decatamos de que rompera a caravilla e saíu a roda do carro
  • O porco rompeu a caravilla da porta da corte
  • Tiñan unha caravilla no extremo do eixe pero xa rompeu
  • Tiven que cambiarlle os dous xogos de caravillas á guitarra porque un deles estaba roto e non topei outro igual en ningures

Frases feitas

  • 1 Presionar a unha persoa para conseguir algunha cousa dela ou p

  • 2 Meter a algunha persoa en apuros.