carbón
lat carbōne ‘carbón’
-
-
s
Substancia combustible, sólida, lixeira e negra, que é produto da descomposición incompleta, da destilación ou da combustión parcial da materia orgánica, principalmente vexetal.
-
carbón activo/activado
Carbón que posúe un alto poder de absorción selectiva.
-
carbón animal
Carbón que se obtén por medio da carbonización de tecidos animais.
-
carbón de coque
Residuo que se obtén da destilación seca dos carbóns bituminosos ou dalgúns combustibles.
-
carbón de pedra/mineral
Materia mineral sólida e combustible de orixe vexetal, de cor negra. Está composto de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e outros compoñentes non volátiles.
-
carbón vexetal
Carbón que se obtén pola carbonización da madeira.
-
s
-
s
m
Brasa que xa está apagada.
-
s
m
-
Lapis coa mina de carbón que se emprega para debuxar e que se presta a unha ampla variedade de tons.
-
Debuxo realizado con ese lapis.
-
Citas
- Na fogueira só quedan carbóns e xa case non dan calor
- Na mostra da súa obra había numerosos carbóns
- Se te achegas, decátaste de que o cadro está pintado con carbón