"PL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9237.

    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea dos xéneros Erodium, Geranium e Scandix.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atar o calzado ou unha vestimenta con agulletas.

    2. Enrolarse sobre si mesmas as follas dunha planta debido á excesiva calor, especialmente as follas do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adelgazar ou facer máis aguda a punta ou o gume dun utensilio ata deixalo en punta.

    2. Facer máis perspicaz ou agudo o sentido.

    3. Dar forma cónica ao extremo dunha peza cilíndrica ou facer un bisel moi agudo na cara dunha peza plana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a calquera tipo de mísil lanzado ou disparado desde un avión contra un obxectivo aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a calquera tipo de mísil lanzado ou disparado desde un avión contra obxectivos terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferramenta agrícola formada por unha lámina de ferro, coa parte inferior cortante, que vai unida a un mango de madeira a través dun burato, e que se emprega para cavar e remexer a terra.

    2. Peza longa de pedra puída e corte simple caracterizada por ser máis longas ca grosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Legón ou sacho de pequeno tamaño que se emprega para cortar toxos e xestas.

    2. Ferramenta que consta dunha coitela recta ou curva unida perpendicularmente a un mango, para labrar e desbastar a madeira.

    3. Pezade pedra puída que ten unha zona activa asimétrica e, en ocasións, as súas faces mostran un perfil diferente, sendo unha delas máis aplanada ca a outra.

    4. Útil de corte dobre, cunha sección lonxitudinal aplanada e lixeiramente asimétrica, que presentan unha perforación aproximadamente no seu centro, practicada de face a face.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás aizoáceas.

    2. Planta da familia das aizoáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas da superorde das cariofílidas á que pertence o xénero Carpobrotus.

    VER O DETALLE DO TERMO