aixola
aixola
lat *asciola
-
s
f
Legón ou sacho de pequeno tamaño que se emprega para cortar toxos e xestas.
-
s
f
Ferramenta que consta dunha coitela recta ou curva unida perpendicularmente a un mango, para labrar e desbastar a madeira.
-
s
f
[ARQUEOL ]
Pezade pedra puída que ten unha zona activa asimétrica e, en ocasións, as súas faces mostran un perfil diferente, sendo unha delas máis aplanada ca a outra.
-
dobre aixola
[ARQUEOL ]
Útil de corte dobre, cunha sección lonxitudinal aplanada e lixeiramente asimétrica, que presentan unha perforación aproximadamente no seu centro, practicada de face a face.
Confrontacións
aixada, legoña, machadoCitas
- Merquei unha aixola para cortar herba na leira
- Para reconstruír aquela barquiña empregaron aixolas ao xeito tradicional
- Vimos cinco aixolas expostas no museo arqueolóxico