"ASEA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 378.

  • Corrente do pensamento económico iniciado no último terzo do s XIX, baseada na teoría subxectiva do valor e na análise marxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amplificador de microondas baseado na emisión estimulada de radiación que se emprega en astronomía na detección de sinais moi febles.

      1. Máser natural que emite radiacións moleculares que proceden da capa que rodea as estrelas de idade avanzada ou do gas que rodea as estrelas en formación.

      2. Máser natural que se localiza nas nebulosas de materia interestelar asociado con estrelas moi novas ou que se atopan en proceso de formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia oculta formada por crenzas e prácticas baseadas na existencia de forzas sobrenaturais que se poden utilizar para facer o ben ou o mal.

    2. Arte de facer trucos e xogos que se basean na rapidez e axilidade de quen os realiza. Tm fig.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia do socialismo marxista que propugna a loita revolucionaria para impoñer un réxime baseado na propiedade colectiva dos medios de produción.

    2. Partido, escola de pensamento ou corrente que propugna o programa máis radical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da física que estuda o cambio de lugar, o desprazamento ou o movemento localizado, tanto dos corpos coma dos corpúsculos microfísicos.

    2. Modo en que algo funciona.

    3. Estudo das máquinas e da súa construción e funcionamento.

    4. Parte da mecánica que deu un novo tratamento matemático aos problemas, producindo sistematicamente as ecuacións que rexen un sistema mecánico.

    5. Ciencia do desprazamento dos astros que se apoia nos instrumentos ópticos, que reciben as ondas electromagnéticas emitidas polos astros.

    6. Parte da mecánica que explica o movemento dos corpos de xeito matemático, aínda que non é válida para casos nos que a velocidade é próxima á da luz.

    7. Parte da mecánica que explica a estrutura e o comportamento dos átomos e as moléculas.

    8. Parte da mecánica cuántica que inclúe as teorías da relatividade.

    9. Parte da mecánica que estuda o equilibrio e o movemento dos fluídos e a súa relación coas forzas que os producen ou que se lles opoñen.

    10. Parte da mecánica que se ocupa dos sistemas que están constituídos por un número tan grande de partículas, que é practicamente imposible estudar o movemento de cada unha delas por separado.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo teórico baseado en moléculas orgánicas e que podería ter a mesma capacidade ca os chips de silicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento que consiste en impregnar o tecido ou o fiado de algodón, previamente gaseado e descruzado, cunha solución de sosa cáustica, para facer desaparecer a característica forma chá da sección transversal da fibra e darlle brillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das doce partes en que se divide o ano.

    2. Período de tempo de trinta días.

    3. Soldo do mes.

      1. Unidade de tempo baseada nunha división convencional do ano ou ben nas voltas da Lúa en torno á Terra, referida a algún punto concreto do ceo.

      2. Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo perímetro da súa órbita. A súa duración é de 27,55455 días solares medios.

      3. Intervalo de tempo comprendido entre dúas fases iguais consecutivas da Lúa. A súa duración é de 29,53059 días solares medios. OBS: Tamén se denomina mes sinódico.

      4. Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo círculo horario dunha estrela. A súa duración é de 27,32166 días solares medios.

      5. Tempo que tarda o Sol en percorrer un signo do zodíaco.

    4. Devoción que consiste en honrar á Virxe durante o mes de maio cunha serie de oracións, invocacións e avemarías recollidas nos devocionarios.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forma de proceder para acadar un fin, razoando e seguindo unha orde.

      2. Conxunto ordenado de exercicios ou regras para ensinar ou aprender algo.

      3. Maneira particular de facer algo.

    1. Forma concreta de proceder ou aplicar o pensamento, para coñecer a realidade, comprender o sentido ou o valor duns feitos, interpretar os datos da experiencia ou resolver un problema.

    2. Conxunto de operacións que, na investigación científica, intentan acadar o maior grao de obxectividade, facendo máis díficil a interpretación errónea dos feitos.

    3. Procedemento químico de análise de trazas de auga que se basea no feito de que o óxido de xofre (IV) non reduce o iodo nunha solución de metanol e piridina, segundo unha reacción estequiométrica, senón é en presenza de auga.

    4. Método estatístico, polo que, mediante unha mostraxe artificial, se chega a estimar a probabilidade de que un proceso real teña lugar.

    5. Método de control de natalidade, que consiste en evitar as relacións sexuais durante os períodos fértiles da muller.

    6. Algarismo que se emprega no estudo dos espazos vectoriais que, dados uns vectores arbitrarios, permite deducir efectivamente os que son linealmente independentes e que, por tanto, tamén son base do subespazo que xeran.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comentario esexético da Biblia, na literatura rabínica, dividido en halakà, de tipo xurídico ou ritual, baseada no Pentateuco; a haggadà, que comenta o texto bíblico servíndose de lendas, poemas ou parábolas, e o pesĕt, que actualiza as escrituras proféticas.

    VER O DETALLE DO TERMO