mes
lat mense
-
s
m
Cada unha das doce partes en que se divide o ano.
-
s
m
Período de tempo de trinta días.
-
s
m
Soldo do mes.
-
-
s
Unidade de tempo baseada nunha división convencional do ano ou ben nas voltas da Lúa en torno á Terra, referida a algún punto concreto do ceo.
-
mes anomalístico
Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo perímetro da súa órbita. A súa duración é de 27,55455 días solares medios.
-
mes lunar
Intervalo de tempo comprendido entre dúas fases iguais consecutivas da Lúa. A súa duración é de 29,53059 días solares medios. OBS: Tamén se denomina mes sinódico.
-
mes sideral
Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo círculo horario dunha estrela. A súa duración é de 27,32166 días solares medios.
-
mes solar
Tempo que tarda o Sol en percorrer un signo do zodíaco.
-
s
-
mes de María
[RELIX ]
Devoción que consiste en honrar á Virxe durante o mes de maio cunha serie de oracións, invocacións e avemarías recollidas nos devocionarios.
-
mes do Sagrado Corazón
[RELIX ]
Devoción que consiste en honrar o Sagrado Corazón durante o mes de xuño, estendida polos xesuítas a partir de 1856.
Sinónimos
Confrontacións
mesadaCitas
- Aínda non lle pagaron o mes
- Está embarazada de cinco meses