método
lat methōdu gr μέθοδος
-
s
m
-
Forma de proceder para acadar un fin, razoando e seguindo unha orde.
-
Conxunto ordenado de exercicios ou regras para ensinar ou aprender algo.
-
Maneira particular de facer algo.
-
-
s
m
[FILOS ]
Forma concreta de proceder ou aplicar o pensamento, para coñecer a realidade, comprender o sentido ou o valor duns feitos, interpretar os datos da experiencia ou resolver un problema.
-
método científico
Conxunto de operacións que, na investigación científica, intentan acadar o maior grao de obxectividade, facendo máis díficil a interpretación errónea dos feitos.
-
método de Fischer
[QUÍM ]
Procedemento químico de análise de trazas de auga que se basea no feito de que o óxido de xofre (IV) non reduce o iodo nunha solución de metanol e piridina, segundo unha reacción estequiométrica, senón é en presenza de auga.
-
método de Montecarlo
[MAT ]
Método estatístico, polo que, mediante unha mostraxe artificial, se chega a estimar a probabilidade de que un proceso real teña lugar.
-
método de Ogino-Knaus
[MED ]
Método de control de natalidade, que consiste en evitar as relacións sexuais durante os períodos fértiles da muller.
-
método de racionalización de Gauss
[MAT ]
Algarismo que se emprega no estudo dos espazos vectoriais que, dados uns vectores arbitrarios, permite deducir efectivamente os que son linealmente independentes e que, por tanto, tamén son base do subespazo que xeran.
-
método do radiocarbono
[FÍS/ARQUEOL ]
Procedemento de datación do carbono 14.
-
método dos multiplicadores Lagrange
[MAT ]
Método para localizar os máximos ou mínimos dunha función u = F (x 1 , x 2 ,... x n ) de n variables, que están sometidas a k condicións suplementarias.
Sinónimos
Citas
- Está seguindo un método para aprender portugués en quince días
- Pensa o método que vas seguir antes de comezar a investigación
- Ten o seu propio método para facer apostas