"ectro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 454.

    1. Capacidade física ou psíquica para obrar ou producir un determinado efecto.

    2. Capacidade dun sistema físico para producir un traballo. Diminúe nunha cantidade igual ao traballo producido e mídese nas mesmas unidades ca este.

    3. Método mediante o que os seres vivos autótrofos incorporan enerxía do exterior para poder sintetizar substancias orgánicas no seu interior.

    4. Enerxía que produce unha transformación limpa, sen residuo, como a solar, a eólica e a mareomotriz, entre outras.

    5. Enerxía que teñen que acadar conxuntamente as moléculas dos reactantes para que a reacción teña lugar.

    6. Enerxía que se lle aplica a unha capa de terra ou de firme para conseguir un determinado grao de compactación.

    7. Relación entre a enerxía da capa de valencia e a do estado estable do átomo libre.

    8. Enerxía que deriva da natureza electromagnética da materia.

    9. Enerxía dun sistema que se define como a suma das enerxías cinéticas das partículas e a enerxía potencial das forzas intermoleculares, pero excluíndo as enerxías cinética e potencial do sistema como un todo.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enlazar.

    2. Cousa que serve para unir ou relacionar dúas ou máis cousas.

    3. Persoa que se dedica a manter a comunicación e facilitar a coordinación de esforzos entre persoas ou entidades que non teñen contacto directo.

    4. Cerimonia por medio da que dúas persoas contraen matrimonio.

      1. Lugar onde empalman os trens.

      2. Cruzamento de vías deseñado de xeito que se suprimen ou limitan os puntos en que os vehículos que circulan por unha calzada interceptan os que circulan por outra.

      1. Interacción entre dous ou máis atómos que ten como resultado a formación dun composto por medio das forzas de Coulomb entre as cargas eléctricas positivas e negativas do núcleo e dos electróns.

      2. Enerxía que se define como a diferenza entre a enerxía dunha molécula e a dos átomos que a forman.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que equivale ou posúe o mesmo valor ou características.

    2. Aplícase á figura ou ao corpo que ten a mesma área ou o mesmo volume pero unha forma diferente á doutro.

    3. Tributo establecido por Filipe V en València (1717) e Aragón (1718) como imposto directo e único sobre a riqueza.

    4. Auga que queda adherida ás partículas do solo despois dunha centrifugación de mil veces a aceleración da gravidade.

    5. Peso en gramos do elemento ou composto liberado electroliticamente polo paso dun coulomb cunha eficiencia de corrente do 100%.

    6. Peso en gramos dunha substancia que libera ou se combina cun mol de protóns, en caso de reaccións ácido base, ou cun mol de electróns, no caso de reaccións redox.

    7. Factor que relaciona as unidades caloríficas e as unidades mecánicas da enerxía. Segundo esta equivalencia, 1 caloría=4,186 joules, ou ben, 1 kcal=427,1 kpm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia transparente á luz que ten a propiedade de emitir algúns fotóns de enerxía correspondente ao espectro visible, cada vez que recibe o impacto dunha radiación ionizante. OBS: Tamén se denomina detector de escintilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espectro.

    2. Que parece ou é irreal.

    3. Resposta dun material sensible á luz ou ás diversas cores das diferentes lonxitudes de onda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. isión ou imaxe irreal que alguén ve ou ten na súa imaxinación e que, polo xeral, produce moito medo.

      2. Imaxe dunha persoa morta que se lle aparece a alguén.

    1. Persoa extremadamente delgada debido a unha enfermidade ou outra causa.

      1. Conxunto de compoñentes elementais que forman unha entidade complexa.

      2. Representación gráfica das intensidades dos compoñentes elementais que forma unha entidade complexa en función dunha magnitude periódica ou non periódica.

      3. Conxunto de frecuencias, lonxitudes de onda, números de onda ou enerxías, das compoñentes monocromáticas dunha onda composta.

      4. Conxunto das ondas sonoras, de frecuencias ben definidas, que compoñen por superposición un son.

      5. Espectro da radiación electromagnética emitida ou absorbida por unha substancia como consecuencia das transicións dos electróns entre os niveis enerxéticos dos seus átomos. Pode ser, xa que logo, de emisión ou de absorción. Distínguese entre espectro óptico, se os niveis enerxéticos implicados son os exteriores do átomo, e espectro X, se interveñen niveis máis profundos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación da fotografía ao estudo dos espectros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á espectrofotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Análise do espectro de absorción dunha substancia mediante un espectrofotómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao espectrofotómetro ou á espectrofotometría.

    VER O DETALLE DO TERMO