equivalente

equivalente

lat aequivălente

Plural: equivalentes
  1. adx

    Que equivale ou posúe o mesmo valor ou características.

  2. adx [MAT ]

    Aplícase á figura ou ao corpo que ten a mesma área ou o mesmo volume pero unha forma diferente á doutro.

  3. s m [HIST ]

    Tributo establecido por Filipe V en València (1717) e Aragón (1718) como imposto directo e único sobre a riqueza.

  4. equivalente de humidade [XEOL ]

    Auga que queda adherida ás partículas do solo despois dunha centrifugación de mil veces a aceleración da gravidade.

  5. equivalente electroquímico [QUÍM ]

    Peso en gramos do elemento ou composto liberado electroliticamente polo paso dun coulomb cunha eficiencia de corrente do 100%.

  6. equivalente gramo [QUÍM ]

    Peso en gramos dunha substancia que libera ou se combina cun mol de protóns, en caso de reaccións ácido base, ou cun mol de electróns, no caso de reaccións redox.

  7. equivalente mecánico da calor [FÍS ]

    Factor que relaciona as unidades caloríficas e as unidades mecánicas da enerxía. Segundo esta equivalencia, 1 caloría=4,186 joules, ou ben, 1 kcal=427,1 kpm.

Citas

  • Se non tes cambio dáme o equivalente en caramelos