enlace

enlace

enlazar

Plural: enlaces
  1. s m

    Acción e efecto de enlazar.

  2. s m

    Cousa que serve para unir ou relacionar dúas ou máis cousas.

  3. s m

    Persoa que se dedica a manter a comunicación e facilitar a coordinación de esforzos entre persoas ou entidades que non teñen contacto directo.

  4. s m

    Cerimonia por medio da que dúas persoas contraen matrimonio.

  5. s m
    1. Lugar onde empalman os trens.

    2. [CONSTR ]

      Cruzamento de vías deseñado de xeito que se suprimen ou limitan os puntos en que os vehículos que circulan por unha calzada interceptan os que circulan por outra.

    1. s

      Interacción entre dous ou máis atómos que ten como resultado a formación dun composto por medio das forzas de Coulomb entre as cargas eléctricas positivas e negativas do núcleo e dos electróns.

    2. enerxía de enlace

      Enerxía que se define como a diferenza entre a enerxía dunha molécula e a dos átomos que a forman.

    3. enlace hidróxeno

      Enlace de feble enerxía, de natureza fundamentalmente electrostática, que está constituído por un átomo de hidróxeno unido covalentemente a un elemento electronegativo. OBS: Tamén se denomina ponte de hidróxeno.

  6. s m
    1. Mecanismo que permite que o control pase dun programa a outro.

    2. Medio para conectar os elementos dunha estrutura de datos ou ficheiros, instrucións ou programas.

  7. s m [LING ]

    liaison.

Sinónimos

Citas

  • Este camiño é o enlace entre as dúas vilas
  • No enlace había tantos invitados que non collían na igrexa
  • O goberno enviou un enlace para mediar no conflicto