"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Elemento da táboa periódica, de número atómico 27 e peso atómico 58,933, que se emprega para obter algunhas aliaxes especiais, ás que confire maior dureza e resistencia á corrosión, e serve tamén para a preparación de pinturas e de esmaltes.

    2. Composto que se presenta en cristais vermellos, que se presentan na natureza no espato cobalto e na esferocobaltita e que se empregan en cerámica e na elaboración de pigmentos.

    3. Composto que se presenta en láminas azuis pálidas. Forma un hexahidrato que cristaliza no sistema monoclínico, e se emprega como indicador de humidade.

    4. Composto que se presenta en forma de cristais hexagonais de cor marrón e que se emprega como axente de fluoración na industria dos derivados fluorados.

    5. Composto que se presenta en forma de cristais vermellos, e se emprega na manufactura de pigmentos e de tintas invisibles.

    6. Cada un dos compostos binarios que forma o cobalto co osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento da táboa periódica, do grupo dos metais nobres, de número atómico 29 e peso atómico 63,546. Os seus sales empréganse para loitar contra certas enfermidades das árbores froiteiras. O seu uso industrial baséase nas súas propiedades fundamentais: condutividade eléctrica elevada, excelente condutividade térmica e aceptable resistencia á corrosión.

      2. Po cristalino de cor verde que se emprega como insecticida e tamén como pigmento en pinturas náuticas. OBS: Tamén se denomina verde de París ou verde de Schweinfurt.

      3. Sólido vermello que existe en estado natural (cuprita) e que se emprega como colorante vermello de certos vidros e cristais.

      4. Sólido cristalino que se emprega como colorante verde de vidros.

      5. Sal de cobre que se presenta en forma de cristais azuis e que se emprega para tinguir la e seda, en electrometalurxia e galvanoplastia.

    1. Instrumentos musicais metálicos de vento da orquestra.

    2. calcosina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore monoica, da orde das arecais, cun estípite gris e case liso, acabado nun penacho dunha trintena de follas ou palmas pinnatipartidas cuxo cultivo se dá en zonas de clima cálido e húmido, non moi arredadas do mar.

    2. Froito da árbore do mesmo nome. É unha drupa cunha parte líquida, (auga ou leite de coco) e unha parte sólida do endosperma que se emprega en alimentación.

    3. Fantasma co que se intenta asustar os nenos pequenos.

    4. Intelixencia que demostra unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta que emprega o carpinteiro para alisar e escuadrar as táboas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espátula que empregan os pintores para xuntar as tintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pinzas de madeira con forma de U que se utilizan para coller os ourizos das castañas. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea deitada, da familia das cucurbitáceas, de talos volubles provistos de gabiáns e follas dúas veces pinnatilobuladas. Os seus froitos en pepónide presentan o epicarpio fortemente endurecido e de cor amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conversa, especialmente dunha certa importancia, entre dúas ou máis persoas.

      2. Disertación pública sobre un tema entre persoas especializadas na materia.

    1. Intercambio de opinións ao remate dunha conferencia ou doutro acto semellante.

    2. Obra literaria dialogada, en prosa ou verso, na que os personaxes expoñen distintas opinións de carácter social, filosófico ou moral desde unha perspectiva crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar cor a algunha cousa con tintura, pintura ou outra substancia con cor.

    2. Tomar cor algunha cousa, especialmente certos froitos que collen a cor propia de cando están maduros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Falar dun asunto expresando opinións ou observacións.

      2. Explicar ou interpretar un texto por medio de notas aclaratorias.

    1. Transmitir oralmente unha información ou unha opinión sobre calquera tema.

    VER O DETALLE DO TERMO