coco

coco

voz aimará?

Plural: cocos
  1. s m [PLANTA ]

    Árbore monoica, da orde das arecais, cun estípite gris e case liso, acabado nun penacho dunha trintena de follas ou palmas pinnatipartidas cuxo cultivo se dá en zonas de clima cálido e húmido, non moi arredadas do mar.

  2. s m [BOT ]

    Froito da árbore do mesmo nome. É unha drupa cunha parte líquida, (auga ou leite de coco) e unha parte sólida do endosperma que se emprega en alimentación.

  3. s m

    Fantasma co que se intenta asustar os nenos pequenos.

  4. s m

    Intelixencia que demostra unha persoa.

Citas

  • Este rapaz é un coco para as matemáticas
  • ¡Hai que ir para a cama que se non vai vir o coco!