cobre

cobre

lat cŭpru, por cypru topónimo gr Kύπριος   ‘Chipre’

Plural: cobres
    1. s

      Elemento da táboa periódica, do grupo dos metais nobres, de número atómico 29 e peso atómico 63,546. Os seus sales empréganse para loitar contra certas enfermidades das árbores froiteiras. O seu uso industrial baséase nas súas propiedades fundamentais: condutividade eléctrica elevada, excelente condutividade térmica e aceptable resistencia á corrosión.

    2. acetoarsenito de cobre [Cu(C 2 H 3 O 2 ) 2 ·3Cu(AsO 2 ) 2 ]

      Po cristalino de cor verde que se emprega como insecticida e tamén como pigmento en pinturas náuticas. OBS: Tamén se denomina verde de París ou verde de Schweinfurt.

    3. óxido de cobre (I) [Cu 2 O]

      Sólido vermello que existe en estado natural (cuprita) e que se emprega como colorante vermello de certos vidros e cristais.

    4. óxido de cobre (II) [CuO]

      Sólido cristalino que se emprega como colorante verde de vidros.

    5. sulfato de cobre [CuSO 4 ]

      Sal de cobre que se presenta en forma de cristais azuis e que se emprega para tinguir la e seda, en electrometalurxia e galvanoplastia.

  1. s m pl [MÚS ]

    Instrumentos musicais metálicos de vento da orquestra.

  2. cobre vítreo [MINERAL ]

    calcosina.