"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

    1. Que ten a forma dun rombo.

    2. Sistema cristalino con tres clases de simetría en que o poliedro fundamental é un paralelepípedo rectangular, forma composta de tres pinacoides básicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paralelogramo que ten os lados opostos iguais sen ángulos rectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición poético-musical curta derivada do rondeau, que acadou especial importancia durante os ss XIII e XIV, composta de refrán e estrofa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Flor da roseira que presenta os pétalos de cores variadas e un perfume moi agradable.

      2. Planta herbácea anual, pilosa, da familia das brasicáceas que presenta as follas ovais e dentadas, as flores brancas, dispostas en acios pequenos, e froitos en silícula.

    1. Calquera outra flor.

      1. Obxecto que ten forma de rosa.

      2. Figura de rosa en ouro que o papa bendicía o cuarto domingo de Coresma e transmitía como don a algún soberano ou a certos santuarios.

      3. Agregado cristalino de xeso, propio de zonas moi áridas, en que as láminas de crecemento adoptan formas de rosa.

      4. Diagrama que se utiliza en meteoroloxía e climatoloxía para resumir as observacións dos ventos, recollidas durante un período de tempo longo.

      5. Círculo dividido en trinta e dúas partes iguais, denominadas cuartos, rumbos ou ventos, que indican os catro puntos cardinais e vine e oito intermedios sobre os que se efectúan as indicacións das agullas náuticas.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante a unha rosa ou da súa cor.

      1. Relativo ou pertencente ás rosáceas.

      2. Planta da familia das rosáceas.

      3. Familia de plantas, da orde das rosais, que está constituída por plantas leñosas ou herbáceas, que teñen follas simples ou compostas, alternas e estipuladas e con flores pentámeras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rosais.

    2. Planta da orde das rosais.

    3. Orde de plantas, dicotiledóneas, dialipétalas que está formada por plantas leñosas ou herbáceas, de follas simples ou compostas, con estípulas e con flores radiais, pentámeras e diclamídeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rubiáceas.

    2. Planta da familia das rubiáceas.

    3. Familia de plantas leñosas ou herbáceas, da orde das rubiais, que presenta follas decusadas e con estípulas, flores tetrámeras ou pentámeras, de ovario ínfero bicarpelar, dispostas en cimos ou acios, e varios froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rubiais.

    2. Planta da orde das rubiais.

    3. Orde de plantas herbáceas ou leñosas, que presenta follas opostas, frecuentemente simples, e flores hermafroditas, actinomorfas ou cigomorfas, xeralmente agrupadas en inflorescencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea robusta, que pertence ao xénero Rheum, da familia das poligonáceas que presentan rizomas grosos, follas simples e amplas, enteiras ou lobuladas e provistas de ócrea, flores verdosas, abrancazadas ou avermelladas, dispostas en inflorescencias, e froitos en núcula valvada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave columbiforme, da familia dos colúmbidos, granívora, que presenta o corpo de tamaño mediano e a plumaxe de cor rosa.

    2. Ave, da familia dos colúmbidos, que ten a plumaxe das partes superiores de cor castaña avermellada e a cabeza e o colo de cor gris rosada con listas brancas e negras.

    3. Ave, da familia dos colúmbidos, que presenta a plumaxe de cor castaña e rosada na cabeza e nas partes inferiores, e medio colar de cor negra na parte posterior do colo.

    VER O DETALLE DO TERMO