rosa

rosa

lat rosa

Plural: rosas
    1. s

      Flor da roseira que presenta os pétalos de cores variadas e un perfume moi agradable.

    2. rosa de Xericó [Anastatica hierochuntica]

      Planta herbácea anual, pilosa, da familia das brasicáceas que presenta as follas ovais e dentadas, as flores brancas, dispostas en acios pequenos, e froitos en silícula.

  1. s f p ext

    Calquera outra flor.

    1. s

      Obxecto que ten forma de rosa.

    2. rosa de ouro [RELIX ]

      Figura de rosa en ouro que o papa bendicía o cuarto domingo de Coresma e transmitía como don a algún soberano ou a certos santuarios.

    3. rosa do deserto [MINERAL ]

      Agregado cristalino de xeso, propio de zonas moi áridas, en que as láminas de crecemento adoptan formas de rosa.

    4. rosa dos ventos [METEOR ]

      Diagrama que se utiliza en meteoroloxía e climatoloxía para resumir as observacións dos ventos, recollidas durante un período de tempo longo.

    5. rosa dos ventos/náutica [MAR ]

      Círculo dividido en trinta e dúas partes iguais, denominadas cuartos, rumbos ou ventos, que indican os catro puntos cardinais e vine e oito intermedios sobre os que se efectúan as indicacións das agullas náuticas.

    1. adx

      Que é de cor vermella pero moito máis clara. Tm s m, referido a cor.

    2. s

      Mancha de cor avermellada que sae na pel.

Sinónimos

Frases feitas

  • Coma unha rosa. Con moi bo aspecto.