rula
rula
orixe onomatopeica
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave columbiforme, da familia dos colúmbidos, granívora, que presenta o corpo de tamaño mediano e a plumaxe de cor rosa.
-
rula común
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave, da familia dos colúmbidos, que ten a plumaxe das partes superiores de cor castaña avermellada e a cabeza e o colo de cor gris rosada con listas brancas e negras.
-
rula turca
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave, da familia dos colúmbidos, que presenta a plumaxe de cor castaña e rosada na cabeza e nas partes inferiores, e medio colar de cor negra na parte posterior do colo.
Refráns
- Cando a rula comeza a rular, colle o fol e vai sementar.