"Pol" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 6379.

  • Proceso polo que os feldespatos de diversas rochas se transforman en albita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das cariofiláceas, de flores brancas ou rosadas, agrupadas en cimas densas, e de froitos capsulares oblongos. Emprégase contra a asma e algúns males da pel e, polo seu contido, en saponinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á cidade de Albi ou á rexión do Albixés.

      2. Aplícase á doutrina cátara ou catarismo, por ser descuberta por vez primeira no Albixés.

    1. Adepto á doutrina profesada polos albixenses.

    2. Conxunto de expedicións militares organizadas contra os adeptos ao catarismo na Occitania do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo que transcorre desde o resplandor da alba ata a saída do sol.

    2. Forma musical esencialmente instrumental tipicamente utilizada no albor dos días de festa, anunciándoa.

    3. Paseo dun grupo facendo música polas rúas.

    4. Composición poética de orixe popular, a miúdo cantada, que expresa sentimentos, relacionada coa aparición da mañá e que foi recollida e reelaborada pola poesía culta.

    5. Toque militar realizado xeralmente coa corneta ao mencer, sempre previo ao izamento da bandeira.

    6. Acción que se realiza no momento de claridade tenue anterior ao día.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro en branco empregado para reunir nel poesías, máximas, pezas de música, coleccións de debuxos, fotografías ou selos.

    2. Táboa pintada de branco ou recuberta de xeso onde se transcribían, antigamente, os edictos dos pretores, listas de xuíces e outros anuncios de carácter político e administrativo.

    3. Libro dotado de follas fixas ou móbiles destinado á montaxe dos selos dunha colección con carácter permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polipéptido produto da hidrólise incompleta de proteínas, como a peptina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mancha transversal abrancazada das uñas ocasionada por un trastorno trófico.

    2. Opacidade abrancazada da córnea do ollo causada pola acumulación de pingas de graxa.

    3. Praga das plantas provocada por fungos parasitos do xénero Albugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tributo que gravaba as vendas de todos os produtos, pagado polo vendedor á facenda pública, consistente nunha porcentaxe do prezo que figuraba no contrato de compravenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que nun centro penitenciario ou prisión preventiva ten ao seu cargo a custodia e seguridade dos presos e a organización do réxime do centro.

      2. Funcionario que nas alfándegas ten a misión de gardar e conservar as mercadorías dos almacéns para a percepción do imposto do timbre do estado.

      1. Gobernador árabe dunha provincia ou cidade.

      2. Castelán ou gobernador dun castelo.

    1. Persoa que, nos ss XIV e XV, nalgúns territorios de réxime señorial ou real, velaba polo cumprimento das ordenanzas de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presidente da comisión de goberno e xefe da administración municipal en funcións executivas.

    2. Persoa nomeada polo alcalde que nas zonas periféricas ou afastadas do núcleo urbano o representa.

    3. Alcalde que preside unha entidade local menor, designado entre os seus rexedores polo alcalde do concello do que esta entidade forma parte.

    VER O DETALLE DO TERMO