"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

      1. Precipitación en forma de pingas de auga procedente das nubes.

      2. Precipitación de auga dun pH inferior a 4,5 porque contén en disolución os ácidos sulfúricos e nítricos producidos pola combinación dos óxidos de xofre e nitróxeno desprendidos nos procesos industriais co vapor de auga atmosférico. Provoca un aumento fortísimo da acidez dos ríos e lagos, e dos solos.

      3. Precipitación estimulada artificialmente mediante a proxección de neve carbónica, ioduro de prata e outras substancias na parte superior das nubes.

    1. Feito de caer sobre alguén unha gran cantidade de algo.

    2. Aparición de gran cantidade de estrelas fugaces nunha rexión concreta do ceo.

    3. Descenso cara ao chan de po composto por partículas que se volveron radioactivas como consecuencia dunha explosión nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadáceas.

    2. Planta da familia das cicadáceas.

    3. Familia de plantas da clase das cicadatas. Son plantas arborescentes, cunha roseta de grandes follas pinnadas no ápice do talo e propias dos países intertropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadofitinas.

    2. Ximnosperma da subdivisión das cicadofitinas.

    3. Subdivisión de ximnospermas constituída por plantas leñosas de porte variable, folla pinnada e estames con diversos grupos de sacos polínicos e carpelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cicindélidos.

    2. Coleóptero da familia dos cicindélidos.

    3. Familia de coleópteros adéfagos, de cor verde metálica, con pintas vermellas e brancas. Son depredadores, viven en lugares areosos, nas marxes de campos cultivados e nos claros dos bosques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo, da orde dos decápodos, de corpo alongado e aplastado, de cor rosada e con franxas de cor avermellada. Presenta un cefalotórax pequeno e duro con ollos grandes. As pinzas de puntas arqueadas son longas, aplanadas e con tres ringleiras de espiñas curtas e grosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cigofiláceas.

    2. Planta da familia das cigofiláceas.

    3. Familia de plantas, da orde das xeraniais, que presentan as follas pinnadas, as flores en cimas e os froitos en baga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cimerios.

    2. Individuo do pobo dos cimerios.

    3. Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.

    4. Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Residuo pulverulento dunha combustión formado polas substancias minerais non volátiles presentes no combustible.

    2. Restos mortais dunha persoa.

    3. Pigmentos empregados en pintura, aínda que a súa procedencia non fose a combustión.

    4. Material obtido moendo moi finamente o residuo sólido da combustión do carbón nas centrais térmicas e noutras industrias.

    5. Produto volcánico constituído por fragmentos extremadamente finos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Local circular fixo ou ambulante, con bancadas para os espectadores, onde se executan diversos espectáculos e exhibicións.

      2. Conxunto de exercicios executados nun espectáculo circense.

      3. Conxunto de artistas e elementos que forman parte do espectáculo circense.

    1. Edificio da antiga Roma dedicado ao espectáculo de carreiras de carros lixeiros e formado por un rectángulo alongado (arena) dividido, lonxitudinalmente por un muro baixo (spina) decorado e tres sinais cónicos (meta). Arredor estaban as bancadas coa tribuna presidencial.

      1. Figura con forma de circunferencia.

      2. Luz que rodea a Lúa ou o Sol. OBS: Tamén se denomina circo da Lúa ou circo do Sol.

      3. Forma erosiva do relevo, resultado da acción glaciaria que presenta unha forma de conca semicircular, dominada por paredes abruptas.

      4. Forma de relevo característica da superficie lunar que presenta unha estrutura circular, co sector central deprimido e coas marxes máis ou menos elevadas. OBS: A miúdo recibe o nome de cráter lunar.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á provincia circumboreal.

    2. Provincia bioxeográfica da rexión boreoalpina, no N das rexións eurosiberiana, norteamericana occidental e oriental, entre a provincia ártica, no N, e o límite meridional da taiga, no S. O clima xeral é o bosque de aciculifolios ou taiga.

    VER O DETALLE DO TERMO