chuvia

chuvia

lat pluvia

Plural: chuvias
    1. s

      Precipitación en forma de pingas de auga procedente das nubes.

    2. chuvia ácida

      Precipitación de auga dun pH inferior a 4,5 porque contén en disolución os ácidos sulfúricos e nítricos producidos pola combinación dos óxidos de xofre e nitróxeno desprendidos nos procesos industriais co vapor de auga atmosférico. Provoca un aumento fortísimo da acidez dos ríos e lagos, e dos solos.

    3. chuvia artificial

      Precipitación estimulada artificialmente mediante a proxección de neve carbónica, ioduro de prata e outras substancias na parte superior das nubes.

  1. s f

    Feito de caer sobre alguén unha gran cantidade de algo.

  2. chuvia de estrelas [ASTRON ]

    Aparición de gran cantidade de estrelas fugaces nunha rexión concreta do ceo.

  3. chuvia radioactiva [METEOR/FÍS ]

    Descenso cara ao chan de po composto por partículas que se volveron radioactivas como consecuencia dunha explosión nuclear.

Sinónimos

Citas

  • Unha chuvia de confeti caía enriba dos asistentes á festa, Unha chuvia de flashes cegaba os autores