"Princip" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1084.

      1. Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.

      2. Contido dunha caixa.

      3. Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.

      4. Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para recoller a fariña que cae ao moer o gran.

      5. Caixa de madeira, formigón ou aceiro que se emprega para cimentar o terreo.

      6. Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.

      7. Armario pequeno con medicamentos e utensilios farmacéuticos para casos de urxencia.

    1. Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rocha sedimentaria formada principalmente por carbonato cálcico.

    2. Rocha sedimentaria organóxena, de cor moi variable e estratificación pouco aparente, de orixe biostrómica e biohérmica.

    3. Rocha sedimentaria e organóxena formada pola acumulación de esqueletos de organismos.

    4. Rocha sedimentaria de orixe química, de textura granular, formada por precipitación de calcita, dolomita e siderita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre, e está presente en todos os organismos.

    2. Sal cálcico de ácido bromhídrico que ten acción sedante sobre o sistema nervioso.

    3. Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. Emprégase na fabricación de cemento e cal vivo, e na industria química e farmaceútica.

    4. Sólido incoloro e cristalino que se combina formando numerosos hidratos.

    5. Sal derivado do ácido fosfórico, que se emprega como fertilizante e como suplemento mineral en penso.

    6. Sal de calcio, que se emprega principalmente no branqueo téxtil e de papel.

    7. Sólido cristalino incoloro que como produto industrial aparece en forma de pos brancos coñecidos xeralmente como cal morto.

    8. Sólido de cor branca empregado na industria para desecar os aceites de condensadores e transformadores.

    9. Sólido incoloro que xeralmente se obtén en combinación co cloruro, no produto chamado cloruro de cal, pos de branqueo ou pos de gas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de calcular.

      1. Conxunto de métodos que, aplicados a unha colección de símbolos ou números, permiten obter o resultado dunha operación ou, en xeral, dun problema.

      2. Método de cálculo baseado na substitución das cantidades numéricas ou funcións por representacións gráficas (curvas).

      3. Serie de métodos que permiten obter aproximacións das solucións dun problema matemático.

    2. Avaliación non exacta.

    3. Concreción sólida formada principalmente a expensas dos sales contidos nos líquidos do organismo, que produce a miúdo inflamacións e cólicos e predispón ás infeccións de ril e vexiga.

    4. Conxunto de operacións necesarias para determinar a posición do observador a partir da vista dun astro ou dunha estrela.

    5. Cuantificación, comparación e regulación dos datos económicos coa finalidade de calcular unha óptima asignación de recursos produtivos, atendendo ao valor do custo dos recursos e ao valor xerado por estes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema de distribución do tempo en grupos orixinados polas lunacións, os meses, as fases da Lúa, as semanas, e o movemento aparente do Sol, os anos. A unidade tomada como base é o día, determinado polo movemento diúrno aparente do Sol.

      2. Calendario creado en 1582 no que se engadiron dez días de súpeto co que se modificou o concepto de ano bisesto no novo calendario.

      3. Calendario que ten como base o fenómeno das lunacións. A duración da lunación varía de 29 días e 6 horas a 29 días e 20 horas.

      4. Calendario de uso obrigatorio en Francia desde 1793 ata 1806, no que o ano se iniciaba o 22 de setembro e estaba dividido en 12 meses de 30 días.

      5. Calendario que se sustenta no movemento do Sol arredor da Terra, no que as agrupacións principais son os anos e as estacións.

      6. Calendario creado no 45 a C que establece o concepto de ano bisesto e un ano civil de 365,25 días, dividido en doce meses.

      1. Táboa gráfica da sucesión dos días, os meses e as estación para cada ano, xeralmente coa indicación dos acontecementos civís ou relixiosos principais.

      2. Táboa de cómputo disposta de xeito que permite atopar o día da semana ou o día de calquera ano indefinidamente desde o establecemento do calendario xuliano.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polipéptido que actúa como vasodilatador, e que ten como función principal a regulación do fluxo sanguíneo pancreático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caliptoblastos.

    2. Individuo da suborde dos caliptoblastos.

    3. Suborde de cnidarios hidroideos que teñen como característica principal a presenza dunha hidroteca que protexe os pólipos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de transferencia de enerxía dun corpo ou dun sistema a outro como resultado da diferenza de temperatura entre ambos os dous.

    2. Aumento de temperatura no corpo dun animal como resultado da súa actividade metabólica.

    3. Calor debida principalmente ao Sol, pero tamén á transferencia de vapor de auga á atmosfera. Está en relación estreita coa cantidade de humidade da atmosfera e coa presenza ou ausencia de vexetación.

    4. Produto da calor específica dun elemento polo seu peso atómico.

    5. enerxía de activación.

    6. Calor desprendida no proceso de adsorción dun mol de substancia sobre a superficie dun adsorbente.

    7. Enerxía térmica liberada ou absorbida en calquera proceso químico.

    8. Enerxía térmica necesaria para efectuar un cambio de fase dunha substancia a temperatura constante.

    9. Enerxía que ten que recibir a unidade de masa dunha substancia para que a súa temperatura se eleve unha unidade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción de terra que levanta o arado ao labrar.

      2. Terra que queda entre as rodelas formadas polo paso das rodas do carro.

    1. Anaco de terra que se deixa sen traballar para que sirva de paso a outras propiedades.

    2. Parte saínte da peza principal do xugo, formada por tres dentes separados entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de doutrinas económicas que teñen como principal característica perseguir a mellor administración e o aumento do patrimonio ou cámara do príncipe ou do Estado.

    2. Sistema político que se basea na suxeición do poder executivo ás cámaras parlamentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO