cálculo

cálculo

lat calcŭlu

Plural: cálculos
  1. s m

    Acción e efecto de calcular.

    1. s

      Conxunto de métodos que, aplicados a unha colección de símbolos ou números, permiten obter o resultado dunha operación ou, en xeral, dun problema.

    2. cálculo gráfico

      Método de cálculo baseado na substitución das cantidades numéricas ou funcións por representacións gráficas (curvas).

    3. cálculo numérico

      Serie de métodos que permiten obter aproximacións das solucións dun problema matemático.

  2. s m

    Avaliación non exacta.

  3. s m [PAT ]

    Concreción sólida formada principalmente a expensas dos sales contidos nos líquidos do organismo, que produce a miúdo inflamacións e cólicos e predispón ás infeccións de ril e vexiga.

  4. cálculo astronómico [ASTRON ]

    Conxunto de operacións necesarias para determinar a posición do observador a partir da vista dun astro ou dunha estrela.

  5. cálculo económico [ECON ]

    Cuantificación, comparación e regulación dos datos económicos coa finalidade de calcular unha óptima asignación de recursos produtivos, atendendo ao valor do custo dos recursos e ao valor xerado por estes.

Citas

  • Segundo os cálculos que botou, o remate da tese vaille levar un ano