"ELAS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1060.

    1. Chapeu de abas largas e copa pequena empregado polos eclesiásticos da Igrexa Católica como distintivo da súa dignidade.

    2. Peza de roupa a xeito de chal que as mulleres levaban ao redor da cara.

    3. Parte superior do palleiro.

    4. Peixe da familia dos brámidos, de corpo moi comprimido e de cor escura a excepción dunha media lúa branca na aleta caudal.

    5. Ave da familia dos aláudidos de listas superciliares patentes e, ás veces, pequenas curupelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore caducifolia, da familia das ebenáceas, de copa redonda, que presenta flores amarelas e froito comestible.

    2. Froita comestible da árbore do mesmo nome, de cor encarnada, presenta a pel moi fina, o tamaño dunha laranxa e un sabor moi doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de orixe portuguesa utilizada entre os ss XIV e XVII, nas expedicións portuguesas e españolas.

    2. Cesta de pequeno tamaño, feita polo xeral de vimbios, empregada para levar comestibles á cabeza.

    3. Moluscos bivalvos do xénero Ensis, como o longueirón e a navalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento rústico de vento, feito con cana ou madeira, que pode ter embocadura de frauta, ou ben de lingüeta.

    2. Corno da cabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pel delgada que recobre a castaña por debaixo da casca.

      2. Pel externa, máis ou menos delgada, de certos froitos como a pataca ou a laranxa.

    1. Capa que se forma sobre o leite ao arrefriar.

    2. Casca exterior dalgunhas árbores como o bidueiro ou o eucalipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pecho que consiste nun gancho metálico curvo ou rectoque encaixa nunha argola ou peza de madeira unida á porta cun cravo, arredor da que xira, para fechar portas, cancelas e ventás.

      2. Pechadura constituída por un taco de madeira cravado nos marcos das portas ou ventás que, ao fechar, xira sobre el mesmo.

      1. Peza cilindrocónica dos instrumentos de corda na que se aparafusan as cordas, co fin de estiralas ou de afrouxalas e de deixalas suxeitas na afinación desexada.

      2. Chave de madeira ou doutro material para tensar as cordas dos instrumentos musicais.

    1. Peza cilíndrica que se emprega en moitos dispositivos de mecánica fina para inmobilizar dúas ou máis pezas superpostas.

    2. Peza illante amovible, cun ou máis contactos metálicos que se poden introducir nas cavidades dunha toma de corrente co fin de establecer unha conexión eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Colocar mercadorías ou calquera obxecto sobre unha persoa, un animal ou un vehículo para o seu transporte.

      2. Encher un vehículo de obxectos ou mercadorías.

      1. Introducir nun instrumento unha carga para que funcione.

      2. Introducir pólvora, cartuchos ou calquera munición nunha arma de fogo.

      3. Colocar a película nunha cámara fotográfica ou cinematográfica.

      4. Almacenar un programa informático na memoria principal dun ordenador para poder executalo.

      5. Incorporar a un produto unha materia de carga.

      6. Subministrar electricidade a un condensador.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de auga doce, da familia dos ciprínidos. Presenta o corpo ancho e alto, e o bico prominente, con dúas barbelas longas e dúas curtas no beizo superior. Existen diversas formas que se caracterizan pola presenza ou ausencia de escamas e polo seu tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é de baixa estatura e escarranchada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave acuática, da familia dos estérnidos, principalmente mariñas. Presentan na plumaxe nupcial un bonete negro que a finais do verán se reduce ao aparecer a fronte branca típica da plumaxe invernal. Teñen a cola en forma de galla e as ás longas e estreitas, o que lles permite un voo moi lixeiro.

    2. Carrán de peteiro de cor vermella, cola moi gallada e parte superior das ás de cor agrisada e o resto de cor branca, agás a cabeza negra e as patas que son de cor vermella no verán.

    3. Carrán de peteiro groso e negro, patas negras e cola agrisada e pouco gallada.

    4. Carrán que posúe o peteiro de cor vermella escura, meixelas brancas e peito escuro, e que na plumaxe nupcial presenta o corpo gris escuro e a mitra gris.

    5. Carrán, de peteiro negro coa punta de cor amarela, cabeza cunha pequena crista e partes superiores cinsentas e inferiores brancas.

    6. Carrán que na plumaxe nupcial presenta o corpo e a cabeza de cor negra e a parte superior das ás e da cola de cor agrisada.

    7. Carrán de plumaxe branca, coa cabeza de cor negra agás a fronte branca, e o peteiro amarelo coa punta negra.

    VER O DETALLE DO TERMO