"bat" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 555.

      1. Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.

      2. Contido dunha caixa.

      3. Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.

      4. Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para recoller a fariña que cae ao moer o gran.

      5. Caixa de madeira, formigón ou aceiro que se emprega para cimentar o terreo.

      6. Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.

      7. Armario pequeno con medicamentos e utensilios farmacéuticos para casos de urxencia.

    1. Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bater a auga ou outro líquido facendo que soe. Tm v i.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comida que resulta da ebulición prolongada en auga de diferentes produtos alimenticios.

      2. Líquido resultante da cocción de diferentes alimentos dos que colle a substancia e se emprega para poder facer outros pratos.

    1. Suspensión de anticriptogámicos ou insecticidas empregada para combater pragas.

      1. Medio líquido empregado para o cultivo de microorganismos.

      2. Ambiente propicio que facilita a aparición de algo considerado prexudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Caloviano.

    2. Cuarto e último piso do Xurásico medio, situado sobre o Bathoniano e baixo o Oxfordiano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calvinistas das montañas de Cévennes, no Languedoc, que se sublevaron contra Luís XIV de Francia. O seu nome provén do costume de levar unha camisa branca por enriba dos vestidos nos combates nocturnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consegue a vitoria nunha competición, especialmente de tipo deportivo. Tm s.

    2. Cabaleiro que combatía en campo pechado ou que participaba nun torneo ou nun desafío para defender a honra ou a causa doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extensión de terreo, en xeral non urbano, con vexetación.

      2. Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.

      3. Terreo destinado á agricultura e á gandaría.

      4. Terreo dedicado a actividades lúdicas e deportivas.

      5. Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.

      1. Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.

      2. Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que está provisto de canóns.

      2. Embarcación de guerra armada con canóns.

      3. Lancha provista de canón, morteiro ou obús empregada en combates a curta distancia.

    1. Persoa encargada de disparar os canóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma especial do intradorso dun arco ou dunha bóveda, máis alto no interior ca no exterior, que ten o fin de permitir nunha parede grosa a apertura dos batentes das portas e das fiestras e pregalos no groso da parede.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grao supremo da xerarquía militar, equivalente ao mariscal francés ou ao mariscal de campo alemán.

      2. Oficial do exército de terra, de grao superior ao de tenente e inferior ao de comandante, a quen regulamentariamente corresponde o mando dunha compañía, dun escuadrón ou dunha batería.

    1. Grao de oficial da mariña de guerra superior ao de tenente de navío e inferior ao de vicealmirante.

    2. Oficial graduado que exerce o mando dun navío mercante, de pesca ou de pasaxeiros.

      1. Quen manda ou capitanea un grupo de persoas en determinadas actividades.

      2. Deportista que representa o seu equipo ante os árbitros ou xuíces.

    VER O DETALLE DO TERMO