caldo

caldo

lat calĭdu ‘quente’

Plural: caldos
  1. s m
    1. Comida que resulta da ebulición prolongada en auga de diferentes produtos alimenticios.

    2. Líquido resultante da cocción de diferentes alimentos dos que colle a substancia e se emprega para poder facer outros pratos.

  2. s m [QUÍM ]

    Suspensión de anticriptogámicos ou insecticidas empregada para combater pragas.

  3. caldo de cultivo
    1. Medio líquido empregado para o cultivo de microorganismos.

    2. Ambiente propicio que facilita a aparición de algo considerado prexudicial.

Sinónimos

Citas

  • A pobreza é caldo de cultivo da violencia.
  • As piscinas son caldo de cultivo de fungos
  • No Ribeiro hai moi bos caldos
  • O caldo de cocer as ameixas úsase para botarlle ao guiso feito con ameixas

Frases feitas

  • Ter o caldo entornado. Estar en desacordo entre d

  • Estar a caldo/a caldo limpo. Realizar unha dieta.

  • Remexer o caldo. Renovar contos que vaian ocasionar problemas, discusi

Refráns

  • Bebe despois do caldo e manda o médico ao diaño.
  • Caldo de galiña é para o enfermo a mellor menciña.
  • Caldo de tripas, moito repenicas.
  • Caldo sen graxa, pan sen tasa.
  • Caldo sen pan dáselle ao can.
  • Caldo" de nabos non o tires que dun día para outro serve.
  • Canto máis caldo, máis sopas.
  • Canto máis unto, mellores verzas.
  • Despois do caldiño bota sempre un traguiño, non de auga, senón de viño.
  • Fixo a vella un caldo de grelos e chupou os dedos.
  • O caldiño ten un bo compañeiro no viño.
  • O caldo de galiña a ninguén prexudica.
  • O caldo engrolado para os porcos é un bo bocado.
  • O caldo que non leva un pouco de unto, non está no seu punto.
  • O caldo quenta o corpo.
  • O caldo, ben cocido e ben repousado.
  • O caldo, en quente; a inxuria, en frío.
  • Se bebes co caldo, non darás moita avinza ao "cirurxiano".