"uru" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 137.

    1. Relativo ou pertencente aos buruxos.

    2. Individuo do pobo buruxo.

    3. Pobo de agricultores e gandeiros de lingua buruxaski que habita entre o Karakorum e o Hindūkush.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave, da familia dos psitácidos e dos cacatúidos, que presenta curupela eréctil que pode ser de cor distinta ao resto da plumaxe, ás longas, cola curta e peteiro forte. Viven nas proximidades dos grandes cursos de auga das selvas tropicais e ecuatoriais. A súa voz, rouca e estridente, deulle nome a esta ave de forma onomatopeica.

    2. Cacatúa, da familia dos cacatúidos, que presenta plumaxe branca con tons amarelos nas partes inferiores, unha gran curupela de cor marela e peteiro negro. Vive en Australia meridional e Nova Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos camarasáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos camarasáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos saurópodos, de pescozo e cola medianamente longos, á que pertencen o xénero Camarasaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chapeu de abas largas e copa pequena empregado polos eclesiásticos da Igrexa Católica como distintivo da súa dignidade.

    2. Peza de roupa a xeito de chal que as mulleres levaban ao redor da cara.

    3. Parte superior do palleiro.

    4. Peixe da familia dos brámidos, de corpo moi comprimido e de cor escura a excepción dunha media lúa branca na aleta caudal.

    5. Ave da familia dos aláudidos de listas superciliares patentes e, ás veces, pequenas curupelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea moi roto e gasto.

    2. Carapucha de seda ou lenzo que se pon como vendaxe na cabeza dun dedo ferido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da familia dos aláudidos que presenta unha pequena curupela eréctil, como a cotovía cristada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte interior que queda da espiga do millo logo de quitarlle os grans.

    2. Corazón das froitas que non teñen carabuña.

    3. Furuncho no pescozo.

    4. Denominación popular que reciben as larvas e as femias ápteras dos vagalumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á expresión afectiva que se dirixe a alguén, especialmente aos nenos pequenos. Tm s.

    2. Aves da familia dos aláudidos que presentan unha curupela na cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento idiófono que consiste nunha esfera de diversos materiais baleirada e furada, que leva dentro unha ou varias boliñas e cando se sacode soa.

    2. Formación típica que posúen no extremo da cola as serpes pertencentes aos xéneros Crotalus e Sistrurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Castela.

    3. Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.

    4. Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.

    5. Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO