cacatúa

cacatúa

voz onomatopeica malaia kakatuwa, canto desta ave

Plural: cacatúas
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos psitácidos e dos cacatúidos, que presenta curupela eréctil que pode ser de cor distinta ao resto da plumaxe, ás longas, cola curta e peteiro forte. Viven nas proximidades dos grandes cursos de auga das selvas tropicais e ecuatoriais. A súa voz, rouca e estridente, deulle nome a esta ave de forma onomatopeica.

  2. cacatúa branca [ANIMAL/ORNIT ]

    Cacatúa, da familia dos cacatúidos, que presenta plumaxe branca con tons amarelos nas partes inferiores, unha gran curupela de cor marela e peteiro negro. Vive en Australia meridional e Nova Guinea.