carozo

carozo

lat v carudĭu gr κάρυον ‘noz’

Plural: carozos
  1. s m

    Parte interior que queda da espiga do millo logo de quitarlle os grans.

  2. s m

    Corazón das froitas que non teñen carabuña.

  3. s m

    Furuncho no pescozo.

  4. bicho carozo [ANIMAL/ENTOM ]

    Denominación popular que reciben as larvas e as femias ápteras dos vagalumes.

Sinónimos

Confrontacións

coeiro

Citas

  • Bota algún carozo máis no lume para avivalo
  • Déronlles os carozos ás vacas
  • Leva toda a tarde na horta recollendo carozos
  • Tiroulles o carozo da pera ás galiñas

Frases feitas

  • A fume/lume de carozo. Con moita rapidez.

Palabras veciñas

carouquexas carouxo caroza carozo carpa carpaceira carpal