"sentado" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 106.

  • Establecemento de hostalaría especializado no servizo de cafés, ademais de servir outras bebidas, e que dispón de mesas para consumir sentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, de número atómico 20 e peso atómico 40,08. É o quinto dos elementos máis abundantes na codia terrestre, e está presente en todos os organismos.

    2. Sal cálcico de ácido bromhídrico que ten acción sedante sobre o sistema nervioso.

    3. Sólido incoloro que está presente en estado natural en dúas variedades cristalinas, a argonita e a calcita. Emprégase na fabricación de cemento e cal vivo, e na industria química e farmaceútica.

    4. Sólido incoloro e cristalino que se combina formando numerosos hidratos.

    5. Sal derivado do ácido fosfórico, que se emprega como fertilizante e como suplemento mineral en penso.

    6. Sal de calcio, que se emprega principalmente no branqueo téxtil e de papel.

    7. Sólido cristalino incoloro que como produto industrial aparece en forma de pos brancos coñecidos xeralmente como cal morto.

    8. Sólido de cor branca empregado na industria para desecar os aceites de condensadores e transformadores.

    9. Sólido incoloro que xeralmente se obtén en combinación co cloruro, no produto chamado cloruro de cal, pos de branqueo ou pos de gas.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proposta ou condición de alguén como candidato.

    2. Conxunto de candidatos presentados ou propostos para unha elección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e enerxía.

    2. Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.

    3. Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta.

    4. Conxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.

      1. Trazo distintivo dun organismo que o diferencia doutro.

      2. Carácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno.

      3. Carácter que fai referencia a calidades que non se poden medir.

      4. Carácter que fai referencia ás calidades medibles.

      5. Carácter que se transmite pola herdanza.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empurrar algo ou a alguén que está sentado nunha carriola de forma que se balancee adiante e atrás.

    2. Impulsarse unha persoa sentada nunha carriola para moverse adiante e atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos cherokees.

    2. Individuo do pobo amerindio dos cherokees.

    3. Pobo amerindio da familia dos iroqueses, asentado orixinariamente na área meridional dos Apalaches, e posteriormente nos estados de Tennesse e Carolina do Norte.

    4. Lingua amerindia que fala o pobo cherokee.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Embutido feito, xeralmente, con carne e touciño de porco picados e adubados con pemento e outras especias.

      2. Chourizo elaborado con magro de porco ibérico, embutido en tripa cagueira.

      3. Chourizo presentado en restras que se elabora con magro de porco e touciño, adubado con sal, pemento doce ou picante, allo e outras especias.

      4. Chourizo feito con carne de porco e de vacún que, ao igual ca a graxa, vai moi finamente picada.

    1. Saco pequeno cheo de area que se utiliza como peso nas redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás rochas formadas pola unión de fragmentos doutras rochas preexistentes. OBS: Tamén se denominan rochas detríticas por estar unidas con cemento.

    2. Aplícase aos modelos anatómicos, ou outros, feitos de pezas desmontables co fin de que se poida ver a estrutura interior dos obxectos representados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monstro imaxinario que acostuma aparecer representado en forma de dragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oco feito coas mans e os brazos á altura do peito, cando se está de pé, ou entre os xeonllos e a cintura, cando se está sentado, para poder soster algo.

    2. Parte do corpo que une a cabeza co tronco.

    3. Parte dalgunhas pezas de vestir que rodean o pescozo ou van próximas a el.

    4. Parte estreita de certos recipientes.

      1. Parte máis estreita dunha estrutura anatómica.

      2. Porción inferior e estreita do útero, comprendida entre o corpo e o orificio.

    VER O DETALLE DO TERMO