chourizo

chourizo

lat v *sauriciu

Plural: chourizos
    1. s

      Embutido feito, xeralmente, con carne e touciño de porco picados e adubados con pemento e outras especias.

    2. chourizo cagueiro de Salamanca

      Chourizo elaborado con magro de porco ibérico, embutido en tripa cagueira.

    3. chourizo galego

      Chourizo presentado en restras que se elabora con magro de porco e touciño, adubado con sal, pemento doce ou picante, allo e outras especias.

    4. chourizo de Pamplona

      Chourizo feito con carne de porco e de vacún que, ao igual ca a graxa, vai moi finamente picada.

  1. s m [PESCA ]

    Saco pequeno cheo de area que se utiliza como peso nas redes.